Free Porn
xbporn
Home A Coruña O goberno municipal propón ao pleno a imposición de penalidades á concesionaria...

O goberno municipal propón ao pleno a imposición de penalidades á concesionaria do lixo polas deficiencias no servizo

- Anuncio -

As inspeccións diarias realizadas pola Policía Local constatan o incumprimento dos servizos mínimos durante a folga de xullo


Entre os asuntos que abordará a corporación municipal no pleno ordinario do 29 de xullo figura unha proposta do grupo de goberno para incoar o procedemento que permita, se procede, a imposición de penalidades á empresa concesionaria do servizo de recollida e xestión do lixo por “cumprimento defectuoso do contrato”. Segundo a proposta de acordo, o Concello de Carballo dará audiencia á sociedade UTE Carballo e á entidade bancaria avalista do contrato para que, no prazo establecido, presenten os documentos e/ou alegacións que consideren convenientes, en cuxo caso solicitarase o informe correspondente aos servizos técnicos municipais.

Para o goberno municipal, o servizo público de recollida de residuos sólidos urbanos é esencial para a comunidade e o mantemento dunhas condicións esenciais de salubridade durante as xornadas de folga reviste interese xeral, e, por ese motivo, para as xornadas de folga convocadas polos/as traballadores/as durante os meses de xuño e xullo establecéronse uns servizos mínimos que deberían prestarse por parte da empresa adxudicataria e que, segundo o informe emitido pola Policía Local tras realizar un seguimento das rutas de recollida establecidas, non se cumpriron.

Segundo o prego de cláusulas administrativas do contrato asinado no ano 2012 entre o Concello e UTE Carballo, as faltas cometidas polo contratista penalizaranse con multas que abranguen desde os 600 euros, nos casos máis leves, ata os 300.000, nos máis graves. Neste caso, os servizos técnicos municipais consideran que a infracción debería ser tipificada como moi grave, polo que, coa actualización do IPC previsto tamén no contrato, a sanción podería ir desde os 32.648,92 ata os 326.477,87 euros.

O prego establece tamén o protocolo que debe seguir o Concello de Carballo, e que se corresponde coa proposta que se presentará no pleno, e ademais sinala que, a maiores das penas económicas que poidan impoñerse, a Administración local poderá descontar “as deducións que correspondan polos servizos non realizados, medios non aplicados, servizos prestados con calidade deficiente, etc”.

Relacionadas

Este venres, noite de morcegos en San Sadurniño

0
A Asociación Morcegos de Galicia é un colectivo comprometido co labor divulgativo e a conservación destes pequenos mamíferos voadores tan importantes para o ecosistema....

Medio cento de deportistas de primeiro nivel participan esta fin de semana no Campionato...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a programación completa da competición, que contará tamén con zona gastronómica, concertos, charlas e área comercial A alcaldesa da Coruña,...

Neda prepara para o 26 de outubro unha nova edición da exitosa “Senda das...

0
O Concello abrirá a próxima semana a inscrición no itinerario de samaín, no que terán prioridade os veciños e as veciñas do municipio Neda última...

O Concello de Boqueixón inviste case 40.000 € nunha nova rozadora con cargo ao...

0
O Concello de Boqueixón vén de incrementar o seu parque municipal de maquinaria coa incorporación dunha nova rozadora lateral, valorada en 39.325 euros. Uns...

A alcaldesa da Coruña recibe a Joan Ibáñez Ferrer, próximo director do aeroporto de...

0
Xunto con Jesús Campo Hortas, director ata o 1 de novembro, puxeron en común os retos e plans de futuro para o aeródromo coruñés A...

Volven as andainas ‘A Coruña das letras’ este outono co músico e escritor Xurxo...

0
Realizaranse tres rutas guiadas por Monelos, San Roque de Fóra e Labañou e a agra e o cemiterio de Santo Amaro O Concello da Coruña...

Publicacións Relacionadas