Home A Coruña O luns abre o prazo de inscrición para as actividades culturais e...

O luns abre o prazo de inscrición para as actividades culturais e deportivas municipais do Concello de Camariñas

- Anuncio -

· O inicio das actividades está previsto para o 1 de outubro, agás Relaxgym, pilates e ximnasia de mantemento que xa comezarán o 16 de setembro.

· Establécense bonificacións nas taxas, dirixidas aos perceptores de RISGA, persoas con informe de Servizos Sociais, familias numerosas ou maiores de 65 anos.

O Concello de Camariñas abrirá o luns, 16 de setembro, o prazo de inscrición para as súas actividades culturais e deportivas municipais para o curso 2024-2025. A data límite para anotarse é o luns 30 de setembro e o inicio da programación está previsto para o martes 1 de outubro.

As opcións culturais inclúen: baile, danza coreográfica, baile en parella, baile moderno, baile galego, música moderna, música tradicional, coro municipal e encaixe de Camariñas.

En canto ás deportivas, hai opcións para menores como Educación Física Concello Activo, Escola de Fútbol Concello de Camariñas Juan Cabrejo, baile deportivo, actividades náuticas, Club Náutico de Camariñas e para adultos, Concello Activo Sénior, ioga, pilates, RelaxGim e ximnasia de mantemento.

Por outra banda, a ANPA CEIP O Areal de Camariñas e a ANPA CEIP da Ponte do Porto ofrecen diferentes actividades extraescolares para este curso, que se desenvolverán de luns a venres.

Ademais, tamén se oferta, a través dos Servizos Sociais municipais, un taller de memoria destinado a persoas maiores de 60 anos ou con diagnóstico médico que indique a necesidade do obradoiro se son menores de 60 anos, e outro de Educación de Adultos.

O Concello estableceu diferentes bonificacións nas taxas das actividades. Non pagarán: os perceptores de RISGA ou con informe favorable dos Servizos Sociais á exención, o terceiro ou máis fillos dunha familia numerosa. Os maiores de 65 anos gozaran dun 50% de bonificación nas actividades físicodeportivas.

Relacionadas

Presentación dos cursos da aula CeMIT do primeiro trimestre do 2025

0
Hoxe presentouse a programación correspondente ao primeiro trimestre do 2025 da aula CeMIT de Ribeira da man do concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta...

Unha trintena de persoas participa no proceso selectivo para crear unha lista de emprego...

0
Un total de 34 persoas participan no proceso selectivo, convocado polo Concello de Neda, para crear unha lista de persoal aspirante a funcionario interino...

Críticas do Partido Popular de Arzúa á inacción do alcalde ante a baixada no...

0
• Arzúa perde novamente poboación, con 14 habitantes menos en 2024, 441 dende o anterior mandato de José Luis García. • O goberno tripartito dedicou...

O Concello comeza a restauración da porta principal do cemiterio de San Amaro

0
Os traballos realizaranse con métodos tradicionais de forxa e recuperando ao máximo os elementos orixinais O Concello comezou a restauración da porta principal que dá...

A Xunta felicita ao Instituto IES Plurilingüe Xosé Neiras Vilas de Oleiros por unha década...

0
— A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visita o centro, o único de Galicia que desenvolve este programa — Destaca os...

San Sadurniño adxudica en 85.789 euros as obras de ancheado e aglomerado da pista...

0
A estrada é o principal enlace da zona urbana co campo de fútbol e a piscina municipal O Concello de San Sadurniño asinou recentemente o...

Publicacións Relacionadas