Home A Coruña O mellor mel de Galicia, mañá en Perillo na Feira do Mel

O mellor mel de Galicia, mañá en Perillo na Feira do Mel

- Anuncio -

Mañá domingo 3 de novembro, en horario de 10.00 a 15.00 horas, celébrase a XXXIV edición da Feira do Mel baixo a cuberta da pista polideportiva de Perillo, na avenida da II República. Un total de 41 apicultores galegos virán a Oleiros a expoñer e vender os seus produtos.

As persoas que se acheguen a esta feira poderán coñecer e adquirir todo tipo de alimentos e artigos relacionados co mel, desde os máis tradicionais ata produtos de beleza e coidado corporal. Ademais, a Big Band da Escola Municipal de Música de Oleiros (ás 13:00 horas) amenizará a xornada coa súa música.

Con esta feira, única en toda Galicia, o Concello de Oleiros pretende apoiar a un sector produtivo que sofre a constante ameaza da globalización, dos novos costumes alimentarios e nos últimos anos tamén da avespa velutina.

Relacionadas

A II Feira Agroalimentaria e XXXIV Feira do Mel en Ortegal terá lugar esta...

0
As xornadas contarán con charlas, obradoiros, degustacións, sorteos de cestas e animación infantil. Durante as xornadas do sábado e domingo, Ortigueira acollerá na Alameda a...

Laxe celebra este sábado a XIII edición do seu Magosto e Mostra de Artesanía

0
• As actividades desenvolveranse de 17:30 a 20:30 horas no pavillón polideportivo municipal • Haberá música, obradoiros, inchábeis e castañas e bebida de balde para...

O Pleno aproba definitivamente a Ordenanza que regula a comunicación dos usos de hospedaxe...

0
No Pleno ordinario do mes de outubro, celebrado hoxe tras o adiamento da sesión prevista para a semana pasada con motivo dos tres días...

O Concello da Pobra contribúe á divulgación do Camiño A Orixe mediante guías de...

0
O Camiño de Santiago do Barbanza A Orixe colle un novo impulso coa edición dunhas guías de viaxe. Unha publicación que conta co apoio...

O Concello de Brión ofrece unha recepción institucional ás técnicas municipais de Brión e...

0
Lola Landeira e Carla Pérez compartiron a súa experiencia apoiando o desenvolvemento local a través do programa Especialistas en Cooperar O Concello de Brión ofreceu...

A Pobra afonda no mundo dos cogomelos durante esta fin de semana coas VIII...

0
Fin de semana micolóxica na Pobra do Caramiñal. A Concellaría do Medio Ambiente exalta unha vez máis un dos produtos estrela da tempada outonal...

Publicacións Relacionadas