Home A Coruña O Museo do Humor Xaquín Marín entrega este venres os Premios Curuxa...

O Museo do Humor Xaquín Marín entrega este venres os Premios Curuxa 2024

- Anuncio -

O mesmo día comeza o ciclo de monólogos Novembro, mes do humor no que tomarán parte Pepo Suevos, Leti da Taberna, Avelino González e Brais das Hortas

Coa entrega dos premios Curuxa do Humor 2024, o Museo do Humor Xaquín Marín dá o pistoletazo de saída este venres, 8 de novembro, ás actividades que organiza anualmente ao redor do seu aniversario. Nun acto que comezará ás 20 horas no salón de actos da Casa da Cultura, os debuxantes Adrián Dopico López, Lucas Sixto Carballeira e Iván Mata Tamayo recibirán da man do alcalde de Fene, Juventino Trigo, e do concelleiro de Cultura, Justo Ardá, os diplomas que os acreditan como gañadores do certame este ano. Unha hora antes, ás 19 horas, os representantes da Corporación Municipal de Fene recibirán aos autores premiados na sala de exposicións temporais do museo onde se amosarán, até finais do mes de novembro, os debuxos premiados e unha selección das obras que se presentaron este ano ao certame.

O xurado do XXVIII Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor”, reunido o pasado 21 de xuño nas instalacións do Museo do Humor Xaquín Marín, acordou por maioría outorgar a Adrián Dopico López o premio Curuxa (categoría para maiores de 25 anos), a Lucas Sixto Carballeira o premio Curuxa Nova (categoría de 16 a 25 anos) e a Iván Mata Tamayo o premio da categoría Caricatura (para maiores de 16 anos). Ademais, recibiron mención de honra no certame Ricardo Olivera Almozara (Fritz), Manuel Arriaga de León (categoría Curuxa), Eduardo Pérez Baamonde (categoría Curuxa) e Roberto Marcelo Bianchi (categoría Caricatura).

O gañador do 1º Premio Curuxa 2024, Adrián Dopico López presentou ao certame un debuxo titulado “Mal de moitos”. O xurado valorou desta obra “a súa eficacia visual, a capacidade de síntese e a escolla da morte e a envexa como ideas estructuradoras da viñeta”. Tamén salientou que “o tema é moi propio da idiosincrasia galega”.

O 1º Premio Curuxa Nova foi nesta edición para Lucas Sixto Carballeira por un debuxo presentado co título “Dieta do futuro”. Na súa análise, o xurado salienta “que é un tema de actualidade moi ben resolto conceptualmente. Tamén salientou que transmite a mensaxe con moita gracia e de xeito directo recorrendo ao absurdo”.

Por último, recibe o 1º Premio na categoría Caricatura o traballo presentado co título “Yolanda Díaz”, de Iván Mata Tamayo. O xurado valorou “a escolla da personaxe e que sexa perfectamente recoñecible. Tamén salientou que é unha caricatura moi elegante e que funciona moi ben compositivamente e no emprego da liña e da cor”.

Segundo informa a Concellería de Cultura de Fene, os premios para os gañadores dos Premios Curuxa consistirán nun diploma e nunha gratificación económica que ascende a 2500 € para o gañador do primeiro premio Curuxa, 1500 € para o gañador na categoría de Caricatura e 1000 € para a gañadora do primeiro premio Curuxa Nova .

O xurado dos Premios Curuxa 2024 estivo formado polo alcalde de Fene, Juventino Trigo, polo concelleiro de Cultura, Justo Ardá, polos humoristas gráficos Borja Ramón López Cotelo, “El primo Ramón” (gañador do premio Curuxa 2023), Lucía Rodríguez Cid (gañadora do premio Curuxa Nova 2023) e Iván Mouronte Barreiro (gañador do premio Curuxa Caricatura 2023) e pola coordinadora do Museo do Humor Xaquín Marín, Almudena Marcos, que actuou en calidade de secretaria do certame).

NOVEMBRO, MES DO HUMOR

O acto de entrega dos Premios Curuxa 2024 coincidirá este venres, 8 de novembro, co comezo do ciclo de monólogos “Novembro, Mes do Humor” que inclúe, como en edicións anteriores, catro espectáculos para público adulto, os venres do mes de novembro ás 20.00 horas. A entrada, tanto para a entrega dos Premios Curuxa como os monólogos, será de balde, previa recollida de invitacións (até un máximo de dúas por persoa adulta) cada venres, o mesmo día da función, a partir das 19 horas. Aforo limitado.

A primeira actuación do “Novembro, mes do humor” correrá a cargo do monologuista Pepo Suevos cun espectáculo titulado “Á caída”. Na segunda sesión, prevista para o venres 15 de novembro, actuará a humorista Leti da Taberna, presentando “Enredada” e na terceira, o 22 de novembro, subirá ao escenario da Casa da Cultura de Fene Avelino González con “Eran elas!”. O ciclo pechará o venres 29 de novembro cun monólogo a cargo de Brais das Hortas, titulado “Contos de defuntos (e outros asuntos)”. Todos os espectáculos son para público adulto.

Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Fene

Relacionadas

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

A viaxe a Eurodisney da campaña comercial de novembro da Pobra xa ten gañadora

0
A campaña comercial de novembro na Pobra do Caramiñal chegou ao seu fin co sorteo da viaxe a Eurodisney na mañá deste 2 de...

A Xunta de Goberno Local inicia os procedementos para a contratación de obras por...

0
Adxudicado por 44.724 euros o contrato de reposición das butacas do auditorio do Pazo da Cultura A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria...

O executivo municipal destinará case 380.000 euros á reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
O executivo municipal deu luz verde á aprobación do expediente de contratación das obras de reparación da cuberta do pavillón municipal do CEIP Quiroga...

O Concello de Fene retira as copas de varias palmeiras afectadas pola praga do...

0
Os traballos, realizados polo persoal municipal, afectaron a exemplares situados en diversos puntos do concello, como San Valentín ou Chamoso O Concello de Fene continúa...

Brión acollerá unha exposición solidaria con dous artistas dos Encontros da Arte que perderon...

0
José Galarzo e María Carmen Martínez, que impartiron obradoiros de acuarela e cerámica á rapazada de Brión, perderon o seu estudo emprazado en Paiporta O...

Publicacións Relacionadas