Home A Coruña O Partido Popular de Sada acusa o goberno de Portela de ser...

O Partido Popular de Sada acusa o goberno de Portela de ser o responsable da sensación de inseguridade cidadá que se vive no concello

- Anuncio -

Critica o silencio do goberno #ante as preguntas e rogos que trasladaron ao pleno sobre a policía municipal.

Insta o alcalde Benito Portela a facilitar a rotación de todos os axentes da policía local asegurando patrullas en todas as quendas e gratificando as “horas extras “.

O Partido Popular trasladou ao pleno este pasado xoves distintos rogos e preguntas sobre a sensación de inseguridade cidadá no concello, partindo dunha relación de feitos delituosos moi graves acontecidos a pasada semana, como apuñalamentos, liortas, roubos ou varios casos de violencia de xénero. e durante os cales non había patrulla da policía local coincidindo nalgunhas quendas coa falta de axentes da Garda Civil de Sada.
Os populares destacaron a profesionalidade dos municipais, como se puido comprobar o venres pola noite, cuxa patrulla organizou un dispositivo en colaboración con outros corpos e forzas de seguridade, logrando facer varias detencións, aínda sen o recoñecemento, e sen medios que garantan a súa seguridade e a de todos, como é a desautorización de utilizar as Taser e as cámaras corporais , medidas de protección pero sobre todo de disuasión, diñeiro que o goberno investiu na compra e agora “tirado nun caixón”.
#Ante esta sucesión de incidentes, o grupo popular preguntou sobre as medidas que se van a tomar desde o goberno,obtendo o silencio por resposta.
Os populares criticaron que desde a concellería de seguridade, levan contestando desde hai meses aos problemas de seguridade que hai no municipio,
co retrouso de que “ non hai axentes suficientes “, reflexo dunha xestión e organización que deixa moito que desexar como o feito de contar
na mañá con cinco axentes : dous administrativos en oficina, o xefe de policía e dous de patrulla, e non ter axentes para a maioría das tardes por exemplo.
E para máis inri , ao parecer, deuse a circunstancia máis dun día, de que algún axente na súa quenda, ao quedar só porque o seu compañeiro por exemplo ten que ir a un curso, mándaselle deixar o seu posto de traballo e irse á súa casa .
Por todo isto o Partido Popular pediu ao alcalde que posibiliten que todos os axentes, incluso o xefe de policía poidan rotar nas distintas quendas e que se habiliten horas extras para reforzar os necesarios, horas extras que se pagan mes a mes a outros traballadores do concello, e que nalgúns meses ascenden a máis de 10.000 euros en total, que falan de falta de persoal, pero non se pagan á policía local, pois non se lles pide que as fagan, aínda que non haxan os axentes suficientes para patrullar en todas as quendas, criticaron os populares.

A portavoz do grupo popular exemplifica a falta de xestión e coordinación con outra lamentable situación que viviu en primeira persoa o martes desta semana baixando desde o CEIP Sada e Os seus Contornos para homenaxear na Casa da Cultura a Luisa Villalta, á que se lle dedican “ As Letras Galegas 2024” e onde máis de 200 nenos baixaban coas súas mestras sorteando o tráfico, sen policía que lles axudase, mentres as autoridades,(alcalde, concelleiro de cultura , concelleira de educación ), camiñaban diante de todo, acompañando ás personalidades convidadas e sen mirar atrás…

O grupo municipal Popular trasladou a pleno e o pleno o ha aprobou no seu momento, o elevar a Principal o cuartel da Garda Civil e a creación da comisión especial informativa de seguridade cidadá, comisión convocada para o xoves día 7 de marzo a pedimento dos populares, engadindo en pleno o rogo de cursar invitación aos axentes da policía local que prestan actualmente servizo no concello, para que os que queiran comparezan na devandita comisión co obxectivo de trasladar os problemas que se atopan para realizar o seu labor diario.

”Levamos meses trasladando ao pleno a nosa preocupación pola seguridade e presentando iniciativas para solucionar esta problemática, pero os feitos delituosos aumentan no concello e non vemos que desde o goberno tómense medidas urxentes nin efectivas”, manifestou Esperanza Arias, portavoz do Partido Popular.

Relacionadas

O son dos palillos retumba na X Festa da Palilleira de Camariñas

0
· Máis de 400 encaixeiras, chegadas de Galicia e doutros puntos de España, participaron nunha xornada que xirou ao redor do encaixe pero na...

Xa está aberto ao público na Casa das palmeiras o “Rastrillo solidario”

0
Xa está aberto ao público na Casa das palmeiras o “Rastrillo solidario” que, como cada ano, organiza a Asociación Amas de Casa de Neda....

A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro martes diante da Casa...

0
Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase o vindeiro martes, 10 de decembro, ao Concello de Neda para...

Así será o Nadal en Paderne: felicitación comunitaria, festa nas escolas, concurso, tres concertos...

0
 A corporación inaugurará as festas o sábado 14 no Telleiro con música en directo  As luces estarán acendidas desde esta mesma noite  Aos...

Aberto o novo espazo biosaudable do parque Europa, ideado para promover o exercicio físico...

0
No que vai de ano, o Concello xa creou outra instalación deste tipo na praza do Parque, entre Orillamar e Monte Alto, e tamén...

Ribeira reluce co acendido do alumeamento do Nadal

0
Hoxe tivo lugar a inauguración do acendido do Nadal nunha praza da Porta do Sol ateigada de xente cun primeiro acto onde os nenos...

Publicacións Relacionadas