O deterioro do vial de acceso á estación de Bregua urxe actuacións, e tamén no desvío que se atopa na propia estación.
O tráfico de camións e outros vehículos de grandes dimensións deteriora o desvío que circula polo antigo trazado ao non poder utilizar o vial municipal pola altura limitada do túnel.
Alternativa reclamou actuacións para arranxar o mal estado do pavimento na estrada principal e paliar os danos que causa o tráfico no desvío do antigo trazado ferroviario.
A formación tamén recalcou que a situación ten que incluírse na previsión do proxecto de humanización da zona, xa que non se está a contemplar esta situación que acontece de xeito diario no lugar.

