Home A Coruña O pavillón da Mocidade acollerá este sábado o Campionato Concello de Narón...

O pavillón da Mocidade acollerá este sábado o Campionato Concello de Narón de Powerlifting

- Anuncio -

O pavillón da Mocidade, na Gándara, acollerá este sábado, día 18, o Campionato Concello de Narón de Powelifting na modalidade AEP3 (iniciación). O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou a convocatoria xunto co presidente do club Powerfenix, José Aurelio Morado, e con Jesús Prieto e Zoraida Bermúdez, integrantes do club e destacados profesionais a nivel mundial –os dous foron campións do mundo- nesta especialidade deportiva, sendo tamén destacable a dilatada traxectoria de Morado.
Na convocatoria participarán un total de 61 competidores e competidoras de toda Galicia. Dende as 8:00 ata as 21:00 horas do sábado disputaranse as tres modalidades de levantamento que forman parte do powerlifting: sentadilla, press banca e peso morto. “Este deporte non só consiste no levantamento de peso, senón que os xuíces valoran tamén a execución de cada un dos exercicios. Terán tres oportunidades en cada un dos movementos e logo realízase un cómputo total dos exercicios”, apuntou Prieto. Nas diferentes categorías inclúense participantes dende os 16 anos (subjunior) ata oa máster 4 (de máis de 70 anos).
Dende o club agradeceron “a excelente acollida da alcaldesa de Narón e do concelleiro de Deportes dende o primeiro momento para poder celebrar aquí este evento”. Así mesmo, animaron á cidadanía a acudir a ver esta competición de powerlifting, un deporte, como indicaron, “en vías de ser seleccionado como deporte de exhibición olímpica”.
Pola súa banda, Santalla agradeceu o feito de que esta convocatoria se desenvolva en Narón e tamén a oportunidade que representará de cara a contrubuír á proxección do mesmo na cidade e na comarca en xeral.

Relacionadas

Urxe mellorar as redes xerais de abastecemento de auga da comarca da Coruña

0
Alcaldes e alcaldesas de Sada, Cambre, Bergondo e Oleiros demandan unha reunión coa Xunta Os concellos de Sada, Cambre, Bergondo e Oleiros demandamos da Consellería...

Acordo entre os concellos de Oleiros e A Coruña para a conexión do bus...

0
O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, reuniuse esta mañá coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e entre outros asuntos acordaron iniciar os trámites...

A regueifa empeza con forza o 2025

0
Primeira sesión da Escola de Regueifa, obradoiros de Enreguéifate e concurso Espalla Rimas enchen estes primeiros días do ano A regueifa está cada vez máis...

Pequeno repunte das axudas de natalidade concedidas en Neda ao longo do 2024

0
O Concello de Neda concedeu durante o 2024 un total de 16 axudas para o fomento da natalidade, destinadas a familias que inscribiron no...

A C21 do vindeiro 9 de febreiro transcorrerá por  Ramón y Cajal, o porto,...

0
A inscrición para a proba organizada polo Concello está aberta, así como a  da carreira 5K que terá lugar en paralelo  O Concello da Coruña...

O campo a través centra a actividade deportiva da Pobra no 19 de xaneiro

0
A Pobra do Caramiñal acolle unha nova cita co campo a través. A Federación Galega de Atletismo, coa colaboración da Concellaría dos Deportes, organiza...

Publicacións Relacionadas