HomeA CoruñaO pleno de Miño aproba a conta xeral do 2024, que volve...

O pleno de Miño aproba a conta xeral do 2024, que volve reducir a débeda municipal

- Anuncio -spot_img

● O Concello, froito da boa xestión do executivo local, logrou reducir a súa débeda en case 400.000 euros o ano pasado.

● O remanente líquido de tesourería tamén volveu crecer durante o 2024 ata os 2,4 millóns de euros.

O pleno de Miño aprobou onte, mércores 17 de setembro, a Conta Xeral municipal do ano 2024, un exercicio no que continúan cumpríndose os dous obxectivos financeiros principais: a redución da débeda e o aumento do remanente de tesourería.
En canto á redución da débeda, o Concello de Miño logrou rebaixala en 400.000 euros, desde os 19,4 millóns ata os 19 millóns. Desta forma, Miño encadea un ano máis rebaixando os seus pasivos, unha consecuencia do traballo realizado polo goberno local aplicando un modelo de xestión rigoroso, sensato e realista.

Outra noticia moi positiva para Miño é que o remanente de tesourería continúa permitindo ao Concello ter marxe para realizar investimentos e ampliar servizos para os e as miñenses. Concretamente, as contas municipais pecharon en 2024 con 2.411.480 euros de remanente líquido de tesourería, case un millón de euros máis que no 2023 (1.488.050).
O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, explica que “o remanente segue crecendo, unha circunstancia moi positiva para o Concello, xa que garante a estabilidade no pago da débeda e, ao mesmo tempo, permítenos continuar impulsando obras e ofrecendo servizos á cidadanía.”

Segundo Faraldo “a situación económica de Miño progresou de forma significativa nos últimos anos grazas ao traballo do goberno municipal, que soubo construír unhas bases sólidas e con proxección para lograr o Miño que todos e todas queremos”. “Boa mostra disto é a recente aprobación do orzamento máis alto dá historia de Miño para 2025, que chega a 10,5 millóns de euros”, engadiu.

Publicacións Relacionadas