• Insiste en que só estea integrada por concelleiros dos distintos grupos municipais e sen presenza do CETIM
• Pide a convocatoria da xunta de portavoces para pactar o seu funcionamento
• Izaskun García, portavoz popular: “O que está en xogo é o interese xeral de Culleredo e o mínimo é actuar con prudencia. Se ese é o talante do alcalde, el será o único responsable do fracaso desta comisión”
O Partido Popular de Culleredo rexistrou este luns unha reclamación formal dirixida ao alcalde, José Ramón Rioboo, tras coñecer a súa decisión unilateral acerca da composición da comisión da Cros, unha proposta que –lembran– foi exposta polo propio PP no pleno do pasado 31 de xullo para garantir que calquera cesión futura das parcelas inclúa contrapartidas xustas, protexa o patrimonio público e defina con claridade as obrigacións que debe asumir o proxecto do CETIM para optar á concesión.
O PP acusa o alcalde de actuar de forma unilateral, sen consultar previamente ao resto de grupos cuestiones tan esenciais como quen formarán parte desa mesa de traballo, e de anunciar en prensa unha fórmula que desvirtúa por completo o obxectivo do devandito órgano, decidindo pola súa conta que estará integrado por trece persoas, incluíndo técnicos do Concello e un representante do propio CETIM. Así, os populares insisten en que debe ser unha comisión exclusivamente política, con representación de polo menos un concelleiro por cada grupo municipal e sen presenza nin de técnicos municipais –que só estarían ao dispor da comisión como persoal de apoio e asesoramento– nin do CETIM. “Non estamos #ante un órgano técnico, nin moito menos #ante un foro de negociación co CETIM. Trátase de definir as nosas posicións políticas en defensa de Culleredo”, recalca a portavoz do PP, Izaskun García.
No seu escrito, os populares advirten de que, se Rioboo non rectifica, “as expectativas de éxito da comisión serán nulas”. “O que está en xogo é o interese xeral de Culleredo e os seus veciños e o mínimo é actuar con prudencia. Se ese é o talante do alcalde, el será o único responsable do fracaso desta comisión”, advirte García.
Por todo iso, desde o PP esixen unha rectificación inmediata e a convocatoria da xunta de portavoces para poder acordar de forma conxunta as regras de funcionamento da mesa de traballo, tal como comprometeuse o propio alcalde no pleno.