Home A Coruña O PP de Culleredo esixe ao alcalde Rioboo que presente presupostos inmediatamente...

O PP de Culleredo esixe ao alcalde Rioboo que presente presupostos inmediatamente ou que dimita

- Anuncio -

∙ Os populares consideran que o alcalde renunciou de facto a presentar novos orzamentos, porque “non hai a máis mínima vontade de negociar nada”.

O pleno ordinario de marzo, que finalmente se celebrou o 4 de abril, constatou a realidade que vive Culleredo; a falta de proxecto político, de ideas e de vontade de traballo por parte do Goberno Municipal.
A líder do Partido Popular, Izaskun García pediulle ao alcalde en repetidas ocasións que deixase de poñer “parches a uns orzamentos prorrogados” como pretendía facer no Pleno.
“A falta de investimentos, de obra nova, de mantemento, de subvencións para clubs e asociacións, a falta de pagamento de facturas a empresas… todo iso está paralizado por non ter orzamentos actualizados. E non porque o PP vote en contra diso, a mentira máis recorrente do alcalde”, puntualiza García.

No Pleno tamén quedou de manifesto a falta de proxecto político e de ideas do equipo de José Ramón Rioboo. “Está a impulsarse a acción de goberno desde a oposición. O alcalde limítase a poñer escusas ou directamente mentir asegurando que xa “están a traballar en iso” ou que “están a ultimar informes”, cando a realidade é que van pasando os meses e non presentan nada, non se avanza en nada”, recalca García.

Respecto a isto último, os populares queren destacar “a caradura do alcalde” ao afirmar que as prazas de aparcamento prometidas en febreiro, en efecto son “ocorrencias súas”, que non existe expediente nin proxecto algún que asegure que se farán realidade. “É tal o nivel de pasotismo e de neglixencia deste alcalde que ata ri na cara dos veciños con manifestacións deste tipo”, aseguran os populares.

Desde o Grupo Popular insisten en esixir ao alcalde José Ramón Rioboo que “deixe de publicar proxectos ficticios en prensa, de calumniar a concelleiros do PP en redes, e que se poña a traballar. Ou mellor, que lle faga un favor a Culleredo e aos seus veciños e que dimita!”.

Relacionadas

O son dos palillos retumba na X Festa da Palilleira de Camariñas

0
· Máis de 400 encaixeiras, chegadas de Galicia e doutros puntos de España, participaron nunha xornada que xirou ao redor do encaixe pero na...

Xa está aberto ao público na Casa das palmeiras o “Rastrillo solidario”

0
Xa está aberto ao público na Casa das palmeiras o “Rastrillo solidario” que, como cada ano, organiza a Asociación Amas de Casa de Neda....

A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro martes diante da Casa...

0
Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase o vindeiro martes, 10 de decembro, ao Concello de Neda para...

Así será o Nadal en Paderne: felicitación comunitaria, festa nas escolas, concurso, tres concertos...

0
 A corporación inaugurará as festas o sábado 14 no Telleiro con música en directo  As luces estarán acendidas desde esta mesma noite  Aos...

Aberto o novo espazo biosaudable do parque Europa, ideado para promover o exercicio físico...

0
No que vai de ano, o Concello xa creou outra instalación deste tipo na praza do Parque, entre Orillamar e Monte Alto, e tamén...

Ribeira reluce co acendido do alumeamento do Nadal

0
Hoxe tivo lugar a inauguración do acendido do Nadal nunha praza da Porta do Sol ateigada de xente cun primeiro acto onde os nenos...

Publicacións Relacionadas