Home A Coruña O programa socioeducativo Espazo nas Escolas chega por terceiro ano consecutivo aos...

O programa socioeducativo Espazo nas Escolas chega por terceiro ano consecutivo aos centros públicos da Pobra

- Anuncio -

Por terceiro ano consecutivo, o Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha o servizo Espazo nas Escolas coa colaboración da Asociación Socieducativa Antonio Gandoy.

Trátase dunha ferramenta de prevención, acompañamento e intervención destinada aos centros educativos públicos da infantil, da primaria e da secundaria da localidade.

Precisamente o CEP Salustiano Rey Eiras foi o lugar elixido para a presentación desta nova edición. “O Espazo nas Escolas consiste en que a Concellaría dos Servizos Sociais pon a disposición de toda a comunidade educativa unha psicóloga para traballar nos diferentes centros do noso concello e así dar resposta a unha necesidade trasladada tanto polo profesorado coma polas familias”, explicou a concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo.

Seguindo a dinámica de anteriores anos, durante o curso 2024-2025 faranse sesións grupais e individuais para atende-lo plano académico e emocional do alumnado, ademais de avaliar co profesorado a súa evolución e ofrecer pautas ás familias cara o acompañamento no proceso educativo e de crecemento. Como manifestou a psicóloga en representación da referida asociación, Olaia González, “é un espazo de asesoramento, orientación e intervención dirixido a tódalas familias que teñan os seus nenos e nenas escolarizados en calquera dos centros públicos da Pobra do Caramiñal.” No pasado ano fixeron uso desta prestación un total de 110 familias e, nos meses que leva en marcha o actual curso académico, xa existe demanda.

As vías para acceder a este servizo son a través do propio equipo directivo de cada centro de estudos e da aplicación abalarMóbil, segundo apuntou o director do CEP Salustiano Rey Eiras, José Delgado, quen cualificou o programa como “fundamental.”

Relacionadas

Incendio nun domicilio abandonado na rúa Bordel, no concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron ao redor das 15:00 horas desta tarde nun operativo dirixido a sufocar un lume orixinado nunha...

“FolkXove”: os Orzamentos Participativos achegan a mocidade á cultura tradicional

0
O Centro Xove da Almáciga acollerá o próximo sábado, 23 de novembro, a xornada “FolkXove”, unha iniciativa que nace dos Orzamentos Participativos da área...

Semana europea da prevención dos residuos

0
Arrancan nos colexios de Neda as charlas de reciclaxe con motivo da celebración da Semana europea da prevencións dos residuos. O CEIP de Maciñeira...

O Coworking da Pobra recibe a visita de alumado do IES Espiñeira

0
Nova xornada de encontro no Coworking da Pobra con alumnado de centros educativos. Catorce estudantes do ciclo medio de Instalacións de Telecomunicacións do IES...

Diana Cabanas reafirma o “compromiso co talento feminino” do Goberno de Inés Rey

0
A concelleira participou na xornada polo Día Internacional da Muller Emprendedora organizado pola Fundación Mujeres no centro Accede Papagaio A concelleira de Emprego, Comercio e...

O Concello organiza numerosas actividades polo 25-N

0
Un ano máis, o Concello de Oleiros pon en marcha accións de sensibilización no marco da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para...

Publicacións Relacionadas