Home A Coruña O programa Sumando na Rede de COGAMI anima ás persoas con discapacidade...

O programa Sumando na Rede de COGAMI anima ás persoas con discapacidade a que fagan voluntariado

- Anuncio -

Para formar parte da rede de voluntariado de COGAMI hai que ser maior de 16 anos e cumprir cos requisitos de solidariedade, altruísmo, compromiso e ter motivación.

A rede de voluntariado de COGAMI inicia en 2001 para canalizar todos os proxectos de voluntariado que se desenvolven, destacando programas como o de acompañamento e apoio a persoas con discapacidade dentro e fóra do domicilio, apoio educativo a estudantes que precisan de reforzo nalgunha materia, apoio nas charlas de sensibilización sobre a discapacidade, na atención ás persoas que realizan natación terapéutica, na práctica de actividades de lecer, entre outros.

Para mellorar esta rede de voluntariado, que arestora supera o milleiro de persoas inscritas, dende COGAMI estanse a desenvolver diferentes programas, a maioría cofinanciados pola  Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social, como a  Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, entre outras.

Sumando na Rede é un dos programas específicos que desenvolve o servizo de voluntariado de COGAMI. Consiste no desenvolvemento de actividades de sensibilización que teñen por finalidade fomentar a participación de persoas con discapacidade como persoas voluntarias. Levan participado unha media de 200 persoas voluntarias en todos os programas durante este ano.

Formación dirixida ás novas incorporacións de persoas voluntarias é outra das accións que se realizan.  Antes de que a persoa entre a formar parte da bolsa de voluntariado, recibe formación inicial de xeito presencial pero, dende que convivimos coa pandemia, estas actividades estanse a implementar tanto presenciais como a distancia en función da situación vinculada ao COVID-19. No que vai de ano recibiron 29 persoas formación en voluntariado.

COGAMI ofrece tamén formación especializada dirixida a persoal que xestiona programas de voluntariado nas distintas entidades que forman parte da Confederación. Este ano 2021, por mor do COVID-19, realizouse unha formación cunha duración de 60 horas de  Xestión de Voluntariado Especializado en Programas do Terceiro Sector da Discapacidade e a este asistiron un total de 12 persoas.

O voluntariado tamén participa na realización charlas de sensibilización, concienciación e prevención de lesións medulares que COGAMI dirixe ao conxunto da poboación, sobre todo, a escolares nos centros educativos. A participación das persoas voluntarias consiste en contar as súas propias vivencias. Un total de 565 persoas asistiron a estas charlas que foron impartidas durante este ano e que se retoman a partir deste mes de setembro.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas