Home A Coruña O PSdeG-PSOE reclama asesoramento para a veciñanza afectada polos proxectos de parques...

O PSdeG-PSOE reclama asesoramento para a veciñanza afectada polos proxectos de parques eólicos en Arteixo

- Anuncio -

As empresas instaladoras están visitando as familias de zonas como Santa Leocadia e o Grupo Municipal Socialista defende a necesidade de activar, dende o Concello, un servizo de información sobre os seus dereitos.

Trala problemática derivada do proxecto de instalación dunha liña de alta tensión, a veciñanza de Arteixo afronta agora con preocupación a construción de varios parques eólicos no termo municipal. Un deles, dun só muíño chamado “O Picoto” xa está avanzado e outro, chamado “Carboeiro”, de oito muíños compartidos cos concellos de Culleredo e A Laracha, deuse a coñecer xa a través da prensa. A veciñanza da zona de Santa Leocadia, en Loureda, está a recibir a visita de representantes das empresas instaladoras, pero as familias non contan con ningún tipo de asesoramento sobre os seus dereitos ou a posición que poden adoptar nas negociacións.

O Grupo Municipal Socialista preguntará, no próximo pleno, polos desenvolvementos eólicos previstos no concello e reclamará un estudo municipal sobre as afeccións destes proxectos sobre o territorio. Do mesmo modo, solicitarase a creación dalgún mecanismo de información á veciñanza das zonas afectadas, tal como se fixo noutros concellos veciños. A concelleira socialista Charo Figueiras denuncia que “a actual política eólica do goberno galego é caótica e non ten dirección” e lamenta que “unha
actividade que antes era desexada pola cidadanía, agora teña contestación social en calquera lugar do territorio onde se queira instalar”.

Respecto polo territorio
O Partido Socialista presentou xa múltiples iniciativas, no Parlamento de Galicia, para pedir que activen mecanismos de asesoramento ao servizo da cidadanía e as institucións, buscando un maior equilibro nas negociacións entre promotores e afectados. Reclamouse, por exemplo, que se impida a expropiación forzosa como medida de presión cara aos propietarios dos terreos. Neste sentido, o PSdeG-PSOE defende a implantación ordenada da enerxía eólica, axilizando os proxectos ligados a novas tecnoloxías como o hidróxeno verde, esixindo unha planificación respectuosa coas actividades ligadas ao sector primario e procurando un maior retorno económico para a poboación dos concellos afectados.

Relacionadas

Telefónica deixa incomunicadas a decenas de vivendas en Nós

0
Atendendo ás demandas veciñais, o Concello volveu reclamar á empresa Telefónica a instalación do servizo de fibra na rúa da Veiga e en parte...

O pan e o colectivo das panadeiras, protagonistas dun novo mural de Carral

0
· A artista Cecilia Salinas está traballando, esta semana, no muro, sito a escasos metros do Campo da Feira. A Festa do Pan de Carral...

O ‘Bergondo en feminino’ celebra o seu quinto aniversario con tres novas roteiros e...

0
· Esta inicitiva busca rescatar a historia de bergondesas pioneiras, e en moitos casos esquecidas, que batallaron para abrir o camiño para gozar da...

Gonzalo Castro reivindica a defensa da democracia e dos dereitos humanos no Día de...

0
O concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade visitou xunto ao delegado e á subdelegada do Goberno a Casa Museo Casares Quiroga O concelleiro da...

En marcha: Programa de ocio alternativo para a mocidade do Concello de Ribeira

0
O concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, e a concelleira de Xuventude, Antía Alberte, presentaron hoxe o programa de ocio alternativo para a mocidade de...

O Concello de Fene abre este xoves o prazo de preinscrición para os campamentos...

0
Fene contará este ano con 6 prazas para a segunda quenda dos Campamentos de verán da Deputación da Coruña, que se desenvolverá do 30...

Publicacións Relacionadas