Free Porn
xbporn
Home A Coruña O rueiro coruñés incorpora a figura de Ángel Gómez Hervada cunha rúa...

O rueiro coruñés incorpora a figura de Ángel Gómez Hervada cunha rúa en Xuxán

- Anuncio -

Inés Rey: “Gómez Hervada evocábanos que sempre é posible o diálogo e a amabilidade”

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de descubrimento da rúa de Ángel Gómez Hervada, no barrio de Xuxán. A vía réndelle desde hoxe homenaxe ao exdirector de Radio Coruña, que faleceu no ano 2017. No acto estiveron presentes compañeiros e compañeiras da emisora, familiares e membros da corporación municipal.

“O seu talento á hora de defender a cidade e de mollarse por ela con moita tenacidade pero sen perder o sorriso non só supón unha lembranza, senón tamén unha guía”, sinalou Inés Rey durante o acto, no que tamén interveu o seu fillo Borja Gómez Tejera. A alcaldesa sinalou que Gómez Hervada “evocábanos que sempre é posible o diálogo e a amabilidade” á hora de tratar a actualidade da cidade.

“Durante máis de tres décadas a súa achega á sociedade coruñesa foi descoñecida para o gran público, pero tremendamente influente na cidade, cuxo crecemento e valor debe moito ao seu carácter afable pero firme á hora de apostar por obxectivos comúns que beneficiasen á Coruña”, apuntou Inés Rey. Tras o descubrimento da placa que sinaliza a nova rúa de Ángel Gómez Hervada, a alcaldesa e a familia do homenaxeado colocaron un centro de flores xunto ao sinal.

Relacionadas

Mañá abre o prazo para anotarse nas actividades de envellecemento activo municipais

0
 As actividades distribúense polas parroquias e comezarán o día 4 de novembro. O Concello de Ponteceso pon en marcha unha nova edición das actividades...

Neda recibe a visita da Oficina Móbil de Atención ao Peregrino

0
O alcalde subliña a utilidade deste servizo da Garda Civil para optimizar a seguridade das persoas que fan o Camiño Inglés A contorna do albergue...

O delegado do Goberno avanza co alcalde de Boqueixón na glorieta na N-525 ao...

0
Prevese construír unha rotonda na intersección coa DP-1202 para moderar a velocidade do tráfico e permitir todos os movementos, en especial para o tráfico...

O concello renova os protectores das torres de iluminación do campo de fútbol a...

0
Invístense 57.000 procedentes integramente de fondos municipais. O Concello está a renovar os proxectores das torres de iluminación do campo de fútbol A Porta Santa...

O Partido Popular de Arzúa solicita á Delegación do Goberno o repintado da N-547,...

0
• A actuación do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible leva todo o verán e parte do outono pendente de rematar co repintado. • Os...

Un total de 35 veciños e veciñas de Frades participan nunha excursión de seis...

0
Un total de 35 veciños e veciñas de Frades, e outros 25 de Oroso, participaron do 13 ao 18 de outubro nunha excursión de...

Publicacións Relacionadas