Free Porn
xbporn
Home A Coruña O Servicio Municipal de Conciliación conta no verán con 124 usuarios

O Servicio Municipal de Conciliación conta no verán con 124 usuarios

- Anuncio -

Durante o curso escolar volverá funcionar o servizo Madruga, ademais do de Canguraxe que se oferta durante todo o ano.

O servizo municipal de conciliación que baixo a denominación Vacacións se presta durante o verán no marco do Programa Harmoniza está a rexistrar excelentes cifras de asistencia. Durante os meses de xullo e agosto conta con 124 usuarios que acoden de luns a venres ás instalacións do CEIP Otero Pedrayo.
Os rapaces, de 3 a 12 anos de idade, están en todo momento atendidos por persoal docente especializado en educación infantil. En compañía de nenos da súa mesma franxa de idade realizan diversas actividades didácticas e educativas, ademais de ter a opción de recibir un almorzo equilibrado.
Como proposta educativa e de ocio complementaria, hoxe desfrutaron dunha excursión á área recreativa de Gabenlle. Ademais, o mércores e o xoves da semana que vén realizarán dous obradoiros que introducirán o concepto de igualdade de forma lúdica e participativa mediante unha charla informativa e o pintado de murais.
O Concello continúa apostando durante todo o ano polo Programa Harmoniza para responder ás necesidades das familias derivadas das dificultades que presentan para poder compatibilizar os horarios laborais coa atención dos seus fillos. Ademais do servizo Vacacións -que se oferta no verán, Nadal, Semana Santa e Entroido-, durante o curso escolar funciona Madruga desde as 7:00 horas nos tres centros de infantil e primaria. No momento actual xa conta con 147 inscritos para o curso escolar 2024-2025.
Tamén se ofrece o servizo Canguraxe, neste caso dirixido a familias con nenos de entre 4 meses e 12 anos de idade. Contempla un conxunto de tarefas centradas nos coidados básicos e atención a prestar nos domicilios para cubrir necesidades puntuais, non de carácter estable ou estrutural prolongadas no tempo.
Calquera persoa empadroada no termo municipal da Laracha que desexe beneficiarse do Programa Harmoniza pode ampliar información ou solicitar a inscrición acudindo ao Centro de Información ás Mulleres (CIM), situado no Edificio Administrativo da Laracha.

Relacionadas

O mercado ecolóxico municipal volve mañá ao Campo da Leña, con obradoiros infantís, sorteos...

0
O Concello impulsa unha ampla programación de actividades para todos os públicos, de 10.00 a 15.00 horas O Concello promove esta fin de semana unha...

Comezan os traballos de restauración do Cruceiro de Labañou

0
O Concello iniciou o desmonte da peza, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) polo seu valor histórico A execución dos traballos teñen unha duración estimada...

A Coruña acollerá en novembro o encontro internacional ‘As elixidas’, que reunirá a alcaldesas...

0
O encontro forma parte do programa de actividades nas que colaboran o Concello e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que rubricaron esta...

Os Bombeiros de Betanzos interveñen nun accidente con dous feridos na DP-0812, no concello...

0
Os bombeiros do parque Provincial de Betanzos interviñeron onte, arredor das 21.04 horas, nun choque lateral entre dous vehículos que se produciu no punto...

A Pobra dá a benvida ás festas do Nazareno 2024 cun característico pregón coa...

0
Do 13 ao 16 de setembro, A Pobra do Caramiñal está inmersa no Nazareno, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. Catro intensas xornadas...

Incendio de cables eléctricos nunha fachada na rúa Dereitos Humanos, no Concello de Boiro

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ás 11:30 horas desta mañá dun incendio de cables eléctricos nunha fachada na rúa...

Publicacións Relacionadas