O voto en contra de UxC frea o pagamento de 34.000 euros en actividades culturais

Redacción
Lectura mínima de 1

O pleno volveu a abordar o pagamento de 34.567 euros en facturas correspondentes a actuacións artísticas contratadas durante o 2025 ao abeiro da Rede Cultural da Deputación de A Coruña, sen que saíse adiante debido ao voto en contra de Unión por Cambre (UxC).


O expediente regresou ao pleno tras incorporar un informe que volve a incidir na inexistencia do procedemento de retención de crédito, unha carencia que afecta tanto á etapa de tramitación inicial, baixo o goberno de UXC, como na xestión posterior da actual executiva.
Alternativa optou pola abstención pola deficiente xestión deste expediente ao longo de todo o proceso, provocando que a non existencia deste expediente contable motive informes negativos tanto de secretaría, como intervención e coordinación técnica da área.
O grupo critica a oposición destructiva de UxC que impide dar saída ao pagamento das actuacións artísticas realizadas no municipio o pasado ano, ofrecendo un discurso claramente marcado pola inquina política contra o PP, máis que no beneficio veciñal.
Alternativa considera que, no contexto administrativo e político actual, os grupos políticos deberían priorizar solucións que permitan avanzar na xestión municipal e evitar o bloqueo de servizos que afectan directamente á veciñanza.

Comparte este artigo