Home A Coruña O XXVII Certame de Corais Polifónicas celebrarase o 14 de decembro

O XXVII Certame de Corais Polifónicas celebrarase o 14 de decembro

- Anuncio -

 Actuarán as corais Brisas do Mar de Corme, Santa Mariña de Ponteceso, San Salvador de Pazos e A Oliveira do Monte Branco do Couto.

 O evento terá lugar o 14 de decembro ás 20:00 horas no Edificio das Escolas.

O Concello de Ponteceso ten o pracer de convidar a toda a veciñanza e visitantes ao XXVII Certame de Corais Polifónicas, un evento que forma parte da identidade cultural do noso municipio e que ao longo dos anos se ten consolidado como unha cita ineludible para os amantes da música coral. A edición deste ano terá lugar o vindeiro 14 de decembro ás 20:00 horas no Edificio das Escolas.
Este certame, que celebra xa case tres décadas de historia, destaca polo seu compromiso coa promoción da música coral e co talento das agrupacións do concello. Ano tras ano, este encontro musical reúne aos coros municipais, que contribúen a enriquecer a tradición e a cultura local, facendo do evento un punto de encontro interxeracional e un escaparate da diversidade musical da comarca.
Nesta ocasión, teremos o privilexio de escoitar as actuacións de catro agrupacións destacadas que amenizarán a noite con cadanseu repertorio. A velada abrirase coa interpretación de Brisas do Mar de Corme, seguida das voces de Santa Mariña de Ponteceso, San Salvador de Pazos e, para pechar o programa, A Oliveira do Monte Branco do Couto. Cada unha delas aportará a súa paixón e talento.
Nunha época tan marcada pola unión e a celebración, o XXVII Certame de Corais Polifónicas é unha oportunidade perfecta para gozar en comunidade dun evento que combina arte, tradición e sentimento. Este acto, organizado polo Concello de Ponteceso e coa colaboración da Deputación da Coruña, exemplifica o compromiso coa cultura e co fomento das expresións artísticas.

Relacionadas

Xunta e Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de proximidade

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez, a concelleira de Promoción...

O Concello adxudica os traballos de mellora do campo de fútbol municipal Víctor Fernández...

0
A actuación, que consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral, ten un orzamento de máis de 430.000 euros O Concello vén de...

Neda reforzará as partidas de emerxencia social e a axuda no fogar cos fondos...

0
O Concello de Neda destinará o POS+ Adicional 2025 a reforzar as partidas municipais destinadas a facer fronte tanto aos gastos de emerxencia social...

Albert Pla pecha este sábado a programación do Ciclo Principal de outono no Teatro...

0
Últimas entradas á venda de cara ao espectáculo do polifacético artista catalán, recoñecido polo seu traballo musical e as súas colaboracións con Robe Iniesta,...

Carballo segue a amosar a súa solidariedade coas vítimas da DINA cun concerto benéfico...

0
Quercus Blues, Rusty Nuts, Lowcos e The Cerne actuarán o sábado 28 a partir das 20.00 horas na carpa da Praza do Concello Carballo é...

Incendio na nave do Matadoiro de Vilaseco, en Vimianzo

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo, apoiados polo parque de Santa Comba, acudiron sufocar o incendio producido no Matadoiro de Vilaseco, na parroquia...

Publicacións Relacionadas