Home A Coruña Os alumnos do CEIP San Marcos convértense na nova canteira de concelleiros...

Os alumnos do CEIP San Marcos convértense na nova canteira de concelleiros de Abegondo

- Anuncio -

O alcalde respondeu ás numerosas preguntas dos escolares do CEIP San Marcos.

begondo conta, desde esta semana, cunha nova corporación municipal. Os concelleiros e concelleiras, que tomaron posesión esta mañá, son os alumnos de 2º de Primaria do CEIP San Marcos. O alcalde, José Antonio Santiso, e o concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Obras, Alberto Seoane, déronlles a benvida aos edís e aproveitaron para explicarlles o funcionamento do Concello e do pleno municipal.

Os nenos e nenas tiveron ocasión tamén de expor as súas dúbidas a Santiso. Ademais de sobre o funcionamento do Concello, os pequenos interesáronse polo estado dalgunhas obras, como as do futuro centro de saúde. Así mesmo, puideron expor melloras nalgunhas instalacións municipais. Entre as solicitudes, os mozos e mozas pediron que houbese máis libros na biblioteca do colexio e a dotación de máis xogos en parques infantís.

O alcalde, José Antonio Santiso, atendeu ás súas múltiples preguntas, que lle realizaron con moita ilusión. Non deixaron tema sen tocar, pero sobre todo incidiron na forma de funcionar do Concello, aínda que tamén lle abordaron cuestións máis persoais. Santiso confesou aos estudantes que, antes de ser alcalde de Abegondo, dedicouse tamén ao ensino “podería ter sido ou voso mestre”.

Na actividade tomaron parte preto de 40 pequenos de entre 7 e 8 anos que puideron, non só conversar co rexedor, senón tamén visitar as instalacións municipais.

Relacionadas

O Concello pon en marcha os traballos de reconstrución da duna de Riazor tras...

0
Está previsto que a estrutura de area que protexe o Paseo Marítimo estea reparada esta semana O Concello comezou esta semana os traballos de reparación...

O Concello de Fene denuncia novos actos vandálicos nas pistas de atletismo de Barallobre

0
O Concello fai un chamamento ao civismo e retirará as casetas danadas, que veñen sufrindo varios ataques nos últimos meses O Concello de Fene vese...

O Concello organiza formacións de prevención de caídas para persoas maiores

0
O Concello vai organizar ao longo das diversas semanas unha formación para prevención de caídas dirixida ás persoas maiores de 65 que participan nas...

O Concello de Frades abre inscricións no concurso de disfraces de Entroido, que repartirá...

0
As inscricións poden realizarse no Concello ata o 28 de febreiro Un ano máis, o Concello de Frades abre o prazo para inscribirse no seu...

Incendio en vehículo en Torelo, no concello de Vimianzo

0
Os bombeiros do parque Provincial de Cee foron alertados dun incendio dun vehículo no Km 62 da AC552, en Torelo, concello de Vimianzo. O vehículo...

Inés Rey: “Máis de catro décadas de servizo avalan a carreira militar de Amador...

0
A alcaldesa presidiu a cerimonia de nomeamento do xeneral como cabaleiro de honra da Real Orde de María Pita  A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta...

Publicacións Relacionadas