Home A Coruña Os barrios da Coruña celebran o magosto con actividades gastronómicas, comerciais e...

Os barrios da Coruña celebran o magosto con actividades gastronómicas, comerciais e musicais

- Anuncio -

O Goberno de Inés Rey promove estes eventos en Labañou, Cidade Vella e Os Mallos

O Concello da Coruña colabora esta fin de semana en diferentes iniciativas veciñais e comerciais para celebrar o magosto nos barrios da cidade. O Goberno de Inés Rey busca incentivar este tipo de celebracións, moi arraigadas entre a cidadanía, co obxectivo de tecer fíos de convivencia nos diferentes distritos.

Este venres 8 celebrarase o magosto organizado pola asociación veciñal de Labañou, San Roque, Zona Escolar e Os Rosales. Terá lugar na praza da Tolerancia ou, en caso de choiva, no patio cuberto do CEIP de Prácticas. A partir das 17.00 horas haberá un obradoiro de cabazas. Ás 18.45 horas farase unha procesión de Samaín desde a praza do conservatorio. Haberá tres actuacións durante a celebración: o espectáculo familiar dos Monifates (19.15), a actuación do grupo tradicional Son d’Aquí (20.00) e a actuación musical de Mekanika Rolling Band (21.00). Haberá castañas de balde e chocolate para a rapazada.

Por outra banda, o sábado 9 celebrarase o magosto da Cidade Vella, promovido pola Asociación de Veciños da Cidade Vella e coa colaboración do Concello. Será na praza de Azcárraga e comezará ás 17.00 horas cun obradoiro de cabazas e xogos infantís tradicionais. Ás 19.00 haberá unha procesión de cabazas e ás 19.30 celebrarase un magosto popular con bebida e castañas asadas. Ás 20.15 haberá unha foliada a cargo de Son D’Aquí e, xa pola noite, haberá queimada popular a partir das 23.00.
Por último, o domingo 10, de 11.00 a 20.00 horas, celebrarase o Mallosto, o magosto do barrio dos Mallos, promovido pola FUCC e Distrito Mallos e que conta co apoio do Concello. Celebrarase na praza da agra dos Mallos. Haberá un mercado de outono, con postos dos comercios do barrio e de artesanía, de 11.00 a 19.00. Tamén haberá postos de comida de 11.00 a 20.00. Durante toda a xornada celebraranse actividades infantís, así como obradoiros e actividades. Haberá sesión vermú a cargo da Duendeneta de 13.00 a 15.00 e actuación musical de Bailaches Carolina Dilleis de 18.30 a 20.00 horas.

Relacionadas

O Concello de Oleiros acada o compromiso da Xunta de Galicia para a mellora...

0
A alcaldesa accidental, María José Varela, e o concelleiro de mobilidade, Pablo Cibeira, reuníronse esta mañá co conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, e as...

Charla de divulgación científica na biblioteca Rialeda: Isabel Zendal e a Expedición Balmis

0
O día 8 de novembro, ás 18:30h, terá lugar na Biblioteca Central Rialeda, en Perillo, unha charla de divulgación científica sobre ISABEL ZENDAL E...

A aula de informática acolle o primeiro dunha serie de talleres de impresión 3D...

0
Entre as próximas actividades figuran unha xornada de recollida de voces no marco do Proxecto Nós e unha sesión sobre ciberseguridade Esta semana estreamos as...

Campaña da Neve 2025

0
A Deputación da Coruña, ven de conceder 14 prazas ao Concello de Ribeira, para participar na “Campaña da Neve 2025” As solicitudes para poder participar...

O humorista e actor Pepo Suevos abre este venres o ciclo “Novembro, mes do...

0
Catro espectáculos para público adulto co mellorciño do humor galego protagonizarán as tardes-noites dos venres ao longo do mes de novembro no Concello de...

Miño destina 371.000 euros a obras de mellora de camiños en todo o municipio

0
● Os traballos de asfaltado, que se dividirán en varios proxectos, permitirán renovar máis de 5 quilómetros da rede viaria municipal. ● Estes proxectos financiaranse...

Publicacións Relacionadas