Home A Coruña Os Centros Socioculturais celebran o Nadal con ducias de propostas que chegarán...

Os Centros Socioculturais celebran o Nadal con ducias de propostas que chegarán a unhas 3.000 persoas

- Anuncio -

O concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, presentou hoxe a programación de Nadal da rede, acompañado polas técnicas do departamento Lourdes de la Cruz e Matilde Pérez. O edil explicou que a programación “é este ano moi intensa, con moitísimas propostas para todos os públicos, e coa intención de que os veciños e veciñas sigan tecendo rede, socializando, e compartindo o seu tempo de lecer no mes 


Con ese obxectivo, apuntou Xan Duro, “ofertamos diferentes actividades que chegarán a un público estimado de máis de 3.000 persoas, a través dun cento de obradoiros, 26 espectáculos de artes escénicas, 24 sesións de divulgación de xogos de mesa, unha ducia de actividades de rúa, ou propostas xa moi consolidadas como o Agasallo Viaxeiro e as visitas da apalpadora ou os paxes do Nadal”.

Obradoiros de Nadal e xornadas educativas sobre xogos de mesa

Unha das partes fundamentais da programación son os obradoiros de Nadal nos Centros Socioculturais, en tres modalidades. Haberá talleres destinados únicamente a nenos e nenas maiores de seis anos, con actividades de cociña ou de manualidades; outros obradoiros estarán destinados ás familias, con actividades de manualidades, ou reciclaxe de refugallo; e por último haberá tamén obradoiros de Nadal para persoas adultas, sobre menús ou decoración de Nadal.

Como novidade, este ano haberá mostras e sesións de divulgación sobre os xogos de mesa, cun enfoque educativo e coa intención de fomentar unha compra de xoguetes máis responsable. Esta actividade, que xirará en torno a xogos que promocionan a lingua e a cultura galegas, desenvolverase ademais de nos centros socioculturais na carpa instalada na Praza Roxa.

Actividades na rúa e artes escénicas

A programación da rede de Centros Socioculturais sairá tamén dos propios equipamentos, con moitas propostas na rúa: xogos de rúa, un mercado de intercambio de xogos e xoguetes na praza Aurelio Aguirre de Conxo o 14 de decembro, ou diferentes propostas para que os veciños e veciñas coñezan mellor Compostela. Así, haberá rutas culturais todos os martes e xoves de decembro, con saída desde o centro sociocultural Maruxa e Coralia; rutas en bicicleta, e andainas.

En canto á programación de artes escénicas, prevense 26 propostas diferentes que chegarán aos Centros Socioculturais ao longo de todo o mes de decembro e comezos de xaneiro. Tal e como salientou o concelleiro Xan Duro, haberá espectáculos tanto nos centros urbanos como no rural, “porque esta é tamén unha maneira de espallar o acceso á cultura por todo o municipio”.

Outras propostas

A programación de Centros Socioculturais complétase con outras propostas coma a xa consolidada do Agasallo Viaxeiro; o encontro de corais veciñais que se celebrará o 23 de decembro na igrexa de San Fiz; ou o Belén artesanal realizado pola veciña de Vite Conchi García, que se poderá visitar no centro sociocultural do barrio.

Ademais, as aulas de xogo dos centros socioculturais de Vite, Fontiñas, Castiñeiriño, Pontepedriña, Conxo e Santa Marta estarán abertas en horario matinal, de 10 a 14.00 horas, e haberá programación polas mañás tamén nos centros de Bando, A Gracia, Figueiras e Marrozos.

Procedemento de inscrición

Para participar nos Obradoiros de Nadal é preciso inscribirse. No caso dos talleres que se desenvolvan nos centros da zona rural, a inscrición faise de maneira telefónica chamando á Casa das Asociacións de Cornes (981 542350),de luns a venres en horario de 9.30 a 13.30 h. Nos centros urbanos, a inscripción faise no propio centro ou no que lle sexa de referencia, ben por teléfono ou ben de maneira presencial. A información sobre o procedemento de inscrición para todas as actividades vai detallada no documento adxunto.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas