Free Porn
xbporn
Home A Coruña Paderne celebra a súa memoria viva con máis de 200 maiores

Paderne celebra a súa memoria viva con máis de 200 maiores

- Anuncio -

 O goberno local homenaxeou á veciñanza máis veterana do municipio na Festa dos Maiores, un día con misa, un pleno simbólico e comida con baile e sorteos

 “Agora que parece que cumprir anos equivale a ser inservible, nós pensamos o contrario. Sodes imprescindibles para a sociedade e para Paderne. O pasado, o presente e o futuro debe estar marcado pola vosa sabedoría”, destacou o alcalde, Sergio Platas

A Festa dos Maiores de Paderne foi todo un éxito. Máis de 200 veciños e veciñas animáronse a gozar dun día en harmonía, con recoñecemento e actividades de todo tipo, que rematou co baile tras unha multitudinaria comida.

O executivo municipal apostou por este evento para “recoñecer o vital espazo que ocupan os e as maiores na nosa sociedade”. E a sociedade padernesa respondeu. A Festa dos Maiores arrincou ás 10:30 horas, coa saída do autobús para recoller ao longo do territorio municipal a todas as persoas que o solicitasen. Ás 12:00 horas celebrouse unha misa na Igrexa Parroquial de Paderne como paso previo ao Pleno de recoñecemento á persoa máis veterana de cada parroquia.

Así, ás 12:45 horas as portas da Casa do Concello abriron as súas portas para encher ata arriba o Salón de Plenos. A veciñanza quixo estar presente nun acto no que se homenaxeaba á persoa máis veterana de cada unha das nove parroquias. Cada unha delas sentou nunha cadeira de concelleiro.
“Souto, Paderne, Vilamourel, Quintas, Adragonte, Velouzás, San Pantaleón, Vigo e Obre están hoxe representadas por todos e todas vós. Grazas por estar aquí e ser o símbolo da experiencia do voso territorio”, expresou o alcalde, Sergio Platas, na apertura do pleno oficioso. “Agora que parece que cumprir anos equivale a ser inservible, nós pensamos o contrario. Sodes imprescindibles para a sociedade e para Paderne. O pasado, o presente e o futuro debe estar marcado pola vosa sabedoría”, engadiu o rexedor.

Tras o acto solemne, no que os nove veciños e veciñas tiveron a oportunidade de falar e levaron un obsequio por parte do Concello, chegou a quenda da comida no Restaurante El Pantano. Unha comida que rematou con baile e sorteo de agasallos para celebrar, como non pode ser doutro xeito, a vida.

Relacionadas

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

0
COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial...

Presentación das Festas de Santa Uxía 2024

0
Hoxe tivo lugar o acto de presentación das Festas da Patroa de Ribeira na que se personaron, o tenente de Alcalde, Vicente Mariño, o...

O Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora dos accesos a Loureda, nos...

0
O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de mellora dos accesos ao lugar de Loureda, nas que vai investir 68.906,12 euros. Uns...

O Servicio Municipal de Conciliación conta no verán con 124 usuarios

0
Durante o curso escolar volverá funcionar o servizo Madruga, ademais do de Canguraxe que se oferta durante todo o ano. O servizo municipal de conciliación...

A Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros na mellora da subministración de...

0
— As obras para incrementar a captación de auga do río Mandeo e optimizar a rede de abastecemento municipal benefician ás empresas da zona...

O PP de Culleredo solicita un pleno extraordinario para depurar responsabilidades pola irregular xestión...

0
∙ “É a nosa obrigación velar polo bo uso dos fondos públicos e polo cumprimento das leis, e está claro que este goberno cometeu...

Publicacións Relacionadas