Home A Coruña Paderne concreta a reforma integral de tres decantadoras á espera de avances...

Paderne concreta a reforma integral de tres decantadoras á espera de avances con Infraestruturas para a futura EDAR no Porto

- Anuncio -

 O Concello investiu 47.512,17 euros na posta a punto das instalacións, situadas en San Pantaleón en Souto

 Cambiouse o sistema de filtrado e os motores para mellorar o sistema de verteduras, ademais de cementar e pechar a súa contorna

 “A nosa ambición é construír a depuradora e foi un tema que retomamos. Pero é un proxecto embrionario, que require tempo. E mentres tanto, non podemos estar de brazos cruzados”, apunta o alcalde, Sergio Platas

O Concello de Paderne vén de concretar a reforma integral de tres decantadoras municipais para mellorar o sistema de verteduras no municipio. Trátanse, concretamente, dunha instalación construída en San Pantaleón e outras dúas ubicadas en Souto que se atopaban en mal estado.

Os traballos de mellora consistiron no peche perimetral e cementado da súa contorna, ademais da substitución dos motores e do sistema de filtrado para evitar as verteduras impuras, pois a esas instalacións derivan as redes de sumidoiros.

Deste xeito, cun investimento de 47.512,17 euros financiado de xeito íntegro polas arcas municipais, o Concello de Paderne executou un proxecto que cristalizará nun evidente impulso ao saneamento do municipio. Algo que é preciso mentres non se poña en marcha a construción da futura Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) no Porto, o vello desexo na localidade e o un dos grandes obxectivos deste equipo de goberno, que traballa para arrincar de xeito definitivo esta aspiración.
“A nosa ambición é construír a depuradora e foi un tema que retomamos. Pero é un proxecto embrionario, que require tempo. E mentres tanto, non podemos estar de brazos cruzados”, apunta o alcalde de Paderne, Sergio Platas.

Neste sentido, o executivo local está pendente de reunirse coa Consellería de Infraestruturas, despois de trasladarlle a cuestión da titularidade dos terreos ao Goberno de España durante a visita a Paderne do delegado, Pedro Blanco, no pasado mes de decembro.

Relacionadas

O venres ábrese a inscrición para participar en “Xogade coas motos” O 25 de...

0
A actividade é organizada por VFM Motoclub co apoio do Concello, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Motociclismo. Este venres...

O concerto “Los 40 Santiago Pop” e a orquestra Panorama abren as Festas da...

0
As festas compostelás por excelencia arrancarán mañá co concerto de "Los 40 Santiago Pop" que reunirá na praza da Quintana a partir das 21:00...

Laxe une maxia e cultura para celebrar ‘As nosas letras’ co Mago Teto

0
• O espectáculo será o propio día, 17 de maio, ás 18:00 horas, na Praza dos Voluntarios • A actividade está enmarcada na programación cultural...

Acumúlanse as molestias causadas polas obras de Santa Cristina

0
NEGOCIOS CON PECHES POR CORTES DE AUGA, HOSTALEIROS COAS TERRAZAS DECIMADAS, RETENCIÓNS, ATASCOS, FALTA DE APARCAMENTO. O Partido Popular de Oleiros pon de manifesto o...

Telefónica deixa incomunicadas a decenas de vivendas en Nós

0
Atendendo ás demandas veciñais, o Concello volveu reclamar á empresa Telefónica a instalación do servizo de fibra na rúa da Veiga e en parte...

O pan e o colectivo das panadeiras, protagonistas dun novo mural de Carral

0
· A artista Cecilia Salinas está traballando, esta semana, no muro, sito a escasos metros do Campo da Feira. A Festa do Pan de Carral...

Publicacións Relacionadas