Free Porn
xbporn
Home A Coruña Retratos na memoria captura a historia de vida das persoas usuarias do...

Retratos na memoria captura a historia de vida das persoas usuarias do centro de día da Pobra

- Anuncio -

Fotografías e pinturas que amosan as facianas das persoas usuarias do centro de día da Pobra do Caramiñal. Retratos na memoria é o nome deste proxecto que xurdiu a finais do ano pasado entre o centro de día da localidade e a Concellaría dos Servizos Sociais. Paola González, tralo obxectivo da cámara, e Andrés Bernal, no lenzo, son os artistas encargados de capturar as dezaoito historias de vida.

E, para sorpresa de veciñanza e visitantes, neste 17 de xullo ofreceuse un pequeno avance do que se poderá contemplar en novembro. Así, os Xardíns de Valle-Inclán convertéronse por unhas horas en sala de exposición a ceo aberto.

A concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, declarou que esta actividade é moi gratificante ao uni-los ámbitos artístico e social: “reflexa a través das faccións, da imaxe dunha persoa, a súa propia historia de vida.” Trátase, polo tanto, dun programa terapéutico que contribúe á estimulación cognitiva ao formaren parte dun proceso creativo e reforza-la interacción social. Quixo, así mesmo, agradece-la implicación do centro de día e o traballo voluntario dos artistas.

Camelia Tubío, educadora social do dito centro, explicou que se pretende “dar visibilidade ás persoas usuarias que cada día acoden ao centro, ademais de que, a través dunha fotografía ou un lenzo, tamén se pode proxecta-la súa historia de vida.” E a iniciativa tivo moi boa acollida entre familias e persoas usuarias como así se puido constatar a través do testemuño de Ángeles Chaves, para quen esta experiencia resultou enriquecedora e agarda poder repetir en futuras ocasións.

Os retratos aínda están en fase de elaboración e, unha vez remate, previsiblemente no mes de novembro, poderán visitarse na casa da cultura Raquel Fernández Soler en formato de exposición. Andrés Bernal foi quen tomou a palabra por parte dos artistas. Primeiro, tómase a fotografía tendo en conta tódolos factores: plano, luz, pose… E despois é a quenda do bosquexo, manchado de pintura e, pouco a pouco, integra-los detalles. O resultado son cadros e instantáneas que posibilitan ao público aproximarse a rostros, a persoas, cheos de vivencias.

Relacionadas

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

0
COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial...

Presentación das Festas de Santa Uxía 2024

0
Hoxe tivo lugar o acto de presentación das Festas da Patroa de Ribeira na que se personaron, o tenente de Alcalde, Vicente Mariño, o...

O Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora dos accesos a Loureda, nos...

0
O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de mellora dos accesos ao lugar de Loureda, nas que vai investir 68.906,12 euros. Uns...

O Servicio Municipal de Conciliación conta no verán con 124 usuarios

0
Durante o curso escolar volverá funcionar o servizo Madruga, ademais do de Canguraxe que se oferta durante todo o ano. O servizo municipal de conciliación...

A Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros na mellora da subministración de...

0
— As obras para incrementar a captación de auga do río Mandeo e optimizar a rede de abastecemento municipal benefician ás empresas da zona...

O PP de Culleredo solicita un pleno extraordinario para depurar responsabilidades pola irregular xestión...

0
∙ “É a nosa obrigación velar polo bo uso dos fondos públicos e polo cumprimento das leis, e está claro que este goberno cometeu...

Publicacións Relacionadas