O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira acollerá o vindeiro martes 6 de maio ás 20:00 horas un acto informativo aberto ao público centrado nos efectos ambientais que pode ter a instalación da macrocelulosa de Altri e a Mina de Touro para a Ría de Arousa.
O encontro contará coa intervención de Xaquín Rubido, presidente da APDR, que achegará unha análise sobre o impacto que podería xerar estes proxectos industriais, tendo en conta a morfoloxía do litoral, o curso do río Ulla e os materiais que nel se depositan. Tamén participarán Olaia Ledo, responsable do grupo nacional de ecoloxismo do BNG, e Rogelio Santos, mariñeiro e creador de contidos fortemente concienciado coa defensa do noso mar, que completarán a análise desde a perspectiva ecoloxista e da realidade diaria do mar.
O acto será introducido e pechado polos compañeiros do BNG de Ribeira Antía Alberte e Luis Pérez Barral.
Este acto público está aberto á veciñanza e pretende informar e sensibilizar sobre as consecuencias que pode ter a instalación da macrocelulosa Altri e a apertura da Mina de Touro, tanto a nivel ambiental como social e económico, porque Ribeira depende do mar.
DATA: Martes 6 de maio
HORA: 20:00 h
LUGAR: Centro Cultural Lustres Rivas, Ribeira
ENTRADA LIBRE