Ribeira incorporará un poboado de Nadal centrado na praza do Concello

Redacción

 A licitación sae por máis de 50.000 euros

Un poboado de Nadal será unha das novidades para esta época proxectada dende o Concello de Ribeira co obxectivo de dinamizar as festas e dispor de máis actividades para a rapazada. Esta nova acción asentarase na praza do Concello durante o presente ano, con posibilidade de prórroga para o 2027/2028.

O servizo consta dun carrusel, unha noria infantil, un tren sobre raíles, catro casetas, unha máquina de castañas de estética tradicional, ambientación musical, catro máquinas de neve artificial, moqueta vermella e decoración propias destas datas no perímetro; todo isto atendido por monitorado.

O orzamento da licitación é de 55.425,04 euros, IVE incluído, para a presente anualidade. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata as 23.59 horas do 16 de novembro a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Comparte este artigo