O persoal do parque provincial de Santa Comba interveu, onte, nun incendio orixinado nun punto de provisión de troncos de madeira do lugar de Guldrís, no concello de Santa Comba. Os bombeiros recibiron o aviso ás 19.19 horas e á súa chegada ao lugar, iniciaron os labores de extinción do lume, que afectaran a varios madeiros. A intervención rematou arredor das 21.02 horas.