Free Porn
xbporn
Home A Coruña Teatro, música, contacontos e exposicións sobre Zernadas de Castro e Luísa Villalta...

Teatro, música, contacontos e exposicións sobre Zernadas de Castro e Luísa Villalta conforman a XXII Festa do Galego de Lousame

- Anuncio -

A programación especial desenvolverase do 10 ao 30 de maio

O Concello de Lousame prepárase para celebrar por todo o alto a XXII Festa do Galego cunha programación que inclúe seis actividades culturais gratuítas que se desenvolverán entre o 10 e o 30 de maio. Unha oferta que inclúe unha sesión de contacontos, unha sesión de teatro, un concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona e dúas exposicións sobre a vida e obra de Luísa Villalta e Zernadas de Castro, que mantén a súa tradicional ofrenda floral.

“Unha programación variada e para todas as idades, polo que agardamos que os veciños e veciñas de Lousame participen nestas actividades dirixidas a un público familiar como o concerto de Uxía Molona ou a tradicional ofrenda floral a Zernadas de Castro”, apunta Silvia Agrafojo, concelleira de Cultura. A participación será totalmente de balde e libre, se ben nos casos do contacontos, do concerto e da sesión de teatro será preciso reservar a entrada a través de bandotiket.com.

Programación

A XXII Festa do Galego de Lousame arrincará na Casa da Cultura o venres 10 de maio, ás 18:30 horas, co contacontos “Kalopsia: un planeta non tan diferente”. Dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, a actividade contará cunha intérprete de lingua de signos e ten como obxectivo promover unha aprendizaxe sobre o funcionamento da Unión Europea e os valores europeos entre os máis novos do municipio. Promovido por Europe DirectA Coruña, “Kalopsia: un planeta non tan diferente” tratará de achegar a rica tradición literaria europea á rapazada lousamiá.

O xoves 16 de maio, o Concello de Lousame inaugurará unha exposición sobre a vida e obra de Zernadas de Castro no atrio da Igrexa de Fruíme. Unha actividade previa á tradicional ofrenda floral, que este ano terá lugar o sábado 18 de maio, ás 13:00 horas. “Dúas actividades coas que volvemos reivindicar a dedicatoria dun Día das Letras Galegas á figura de Diego Antonio Zernadas de Castro por todo o que fixo a favor da lingua e da cultura galega”, puntualiza Silvia Agrafojo.

O domingo 19 de maio, ás 18:00 horas, a praza do Concello de Lousame acollerá un concerto infantil a cargo de Uxía Lambona e a Banda Molona, que presentarán o seu novo espectáculo “Un soño é…”. Unha divertida actuación na que os artistas interpretarán clásicos populares galegos dándolles un toque moderno: desde “A saia de Carolina” rapeada a versións de clásicos do rock, o ska e a cumbia. En caso de choiva, o espectáculo trasladaríase ao polideportivo municipal da Silva.

Unha semana despois, o domingo 26 de maio ás 18:00 horas, o auditorio da Casa da Cultura acollerá a montaxe de pequeno formato “De Vilatriste a Vilalegre”, unha peza de teatro dirixida a un público infantil en coprodución con Teatro O Cubo, Sofía Espiñeira e Roberto Casal. A través deste proxecto, denominado “A utópica rordante”, o Centro Dramático Galego compartirá a historia recente do teatro galego no seu camiño de profesionalización.

Finalmente, a Casa da Cultura de Lousame acollerá a inauguración dunha exposición da vida e obra de Luísa Villalta, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Relacionadas

O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para...

0
O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural...

A Praza dos Libros de Carballo bateu un novo récord ao superar os 1.700...

0
“De centeo de durmideiras”, de Rosalía Fernández Rial, foi o título máis vendido da plic! Hai dúas semanas estabamos a celebrar unha das mellores edicións...

Ambar presenta a creación escénica “Ping pong” dirixida por Paula Quintas

0
Hoxe día 26 presentouse en Ribeira a danza experimental con obxectos “Ping pong” argallada polo grupo de artes escénicas “Elas” de Ambar e dirixida...

A Feira dá Cebola Chata cumpre 23 anos aderezando o verán miñense

0
● O evento celebrarase o vindeiro domingo, 4 de agosto, e durará da mañá á noite. O Concello de Miño organiza, un ano máis, a...

O concello licita o proxecto de renovación dos proxectores das torres de iluminación do...

0
Investiranse 57.000 procedentes integramente de fondos municipais. O Concello vai renovar os proxectores das torres de iluminación do campo de fútbol A Porta Santa de...

O espazo de participación de infancia e de adolescencia da  Laracha realiza un roteiro...

0
Mediante esta actividade os nenos, nenas e adolescentes experimentaron realidades diversas en materia de accesibilidade para atopar eivas no deseño urbano da vila da...

Publicacións Relacionadas