Home A Coruña Teatro, música e cultura para toda a familia no mes de agosto...

Teatro, música e cultura para toda a familia no mes de agosto en Malpica cos ‘Seráns na rúa’

- Anuncio -

• As actuacións están programadas para os sábados 7, 14 e 21 de agosto, ademais dunha cita dobre o domingo 15.

A Concellería de Cultura de Malpica, dentro da Rede Cultural 2021 da Deputación da Coruña, acaba de presentar unha programación para o mes de agosto repleta de teatro, música e diversión para todos os públicos. Os ‘Seráns na rúa’ comezarán o sábado 7 de agosto e celebraranse durante os fins de semana ata o día 21.

A primeira das actuacións será apta para todos os públicos e realizarase no paseo da Praia. O sábado 7 de agosto chega ‘Velliñas’, de Butaca Zero Inherente Teatro, a partir das 20:00 horas.

Nese mesmo horario, pero o sábado 14 de agosto, chegará o segundo dos espectáculos programados. ‘A música das buguinas’, de Mamá Cabra & Bellón e Maceiras, trátase dunha actuación para toda a familia que se representará na praza do Campo.

O domingo 15 de agosto será a quenda dunha cita musical dobre a Canido que comezará ás 21:00 horas co concerto de Arredores. Unha hora máis tarde, ás 22:00, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre continuarán co espectáculo enriba do escenario.

Finalmente, o sábado 21 de agosto a partir das 20:00 horas pecharanse os ‘Seráns na rúa’ coa representación de ‘Isolada’ a cargo de Pajarito. Neste caso, a obra está recomendada para maiores de 8 anos.

O aforo estará limitado a 50 persoas en todos os espectáculos agás nos concertos de Arredores con Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, nos que estarán dispoñibles 150 entradas. En calquera caso só será necesario reservar entradas de xeito previo para a actuación do 15 de agosto. Deberase enviar un correo electrónico a malpicacultura@gmail.com.

  • No resto de espectáculos poderanse gardar asentos media hora antes do comezo da función.

Relacionadas

Telefónica deixa incomunicadas a decenas de vivendas en Nós

0
Atendendo ás demandas veciñais, o Concello volveu reclamar á empresa Telefónica a instalación do servizo de fibra na rúa da Veiga e en parte...

O pan e o colectivo das panadeiras, protagonistas dun novo mural de Carral

0
· A artista Cecilia Salinas está traballando, esta semana, no muro, sito a escasos metros do Campo da Feira. A Festa do Pan de Carral...

O ‘Bergondo en feminino’ celebra o seu quinto aniversario con tres novas roteiros e...

0
· Esta inicitiva busca rescatar a historia de bergondesas pioneiras, e en moitos casos esquecidas, que batallaron para abrir o camiño para gozar da...

Gonzalo Castro reivindica a defensa da democracia e dos dereitos humanos no Día de...

0
O concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade visitou xunto ao delegado e á subdelegada do Goberno a Casa Museo Casares Quiroga O concelleiro da...

En marcha: Programa de ocio alternativo para a mocidade do Concello de Ribeira

0
O concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, e a concelleira de Xuventude, Antía Alberte, presentaron hoxe o programa de ocio alternativo para a mocidade de...

O Concello de Fene abre este xoves o prazo de preinscrición para os campamentos...

0
Fene contará este ano con 6 prazas para a segunda quenda dos Campamentos de verán da Deputación da Coruña, que se desenvolverá do 30...

Publicacións Relacionadas