Free Porn
xbporn
Home A Coruña Teletransporte contra a discriminación: COGAMI e as súas entidades membro denuncian a...

Teletransporte contra a discriminación: COGAMI e as súas entidades membro denuncian a falta de transporte adaptado

- Anuncio -

COGAMI, en colaboración coas súas entidades membro, celebrou unha concentración simultánea en diversas localidades galegas para visibilizar a falta de transporte adaptado. Baixo o lema “Teletransporte contra a discriminación”, esta campaña tamén se estende a nivel estatal, cunha reivindicación moi clara: “Ata que o teletransporte sexa viable, que polo menos os transportes habituais cumpran as leis de accesibilidade”.

O martes, 22 de outubro, simultaneamente nas catro provincias galegas, as entidades de COGAMI concentráronse en diferentes puntos estratéxicos para esixir que os transportes cumpran coa normativa de accesibilidade. Durante estas concentracións, as persoas participantes luciron vestimentas inspiradas na serie de ciencia ficción Star Trek, destacando o paralelismo entre a ciencia ficción do teletransporte e a realidade que aínda afrontan moitas persoas con discapacidade física e orgánica no seu día a día: a imposibilidade de utilizar un transporte público accesible.

Lectura do manifesto

Nas concentracións, representantes de cada unha das entidades convocadas leron o seguinte manifesto, no que expresaron de forma clara e directa as súas demandas:

“Bos días e grazas por acompañarnos neste día.

Hoxe queremos visibilizar e denunciar a falta de accesibilidade no transporte, as barreiras que nos impiden ás persoas con discapacidade física e orgánica poder coller un autobús para realizar actividades tan cotiás como ir ao supermercado, ao médico, traballar, estudar ou para ir de paseo.

Dende COGAMI e as nosas entidades membro reivindicamos o noso Dereito á Mobilidade. As persoas con discapacidade non debemos ser excluídas nin privadas dos nosos dereitos á autonomía, á saúde, á educación nin tampouco ao emprego por falta de accesibilidade no transporte.

Contamos con leis que nos apoian, como o Real Decreto 1544/2007 que regula as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización do transporte para persoas con discapacidade. A implementación desta norma é insuficiente porque o transporte público aínda non acadou a accesibilidade plena, perpetuando a discriminación estrutural.

Como a día de hoxe non podemos teletransportarnos, ata que o teletransporte sexa viable como na serie Star Trek, queremos que os nosos transportes urbanos e interurbanos cumpran coas leis de accesibilidade e deixen de ser discriminatorios.

A través desta campaña, exiximos que se nos garanta a accesibilidade universal en infraestruturas e vehículos. Aquí queremos incluír a dispoñibilidade de puntos de recarga e subministro eléctrico para dispositivos médicos esenciais como os equipos de oxíxeno líquido, fundamentais para persoas con discapacidade orgánica que requiren apoio respiratorio.

Tamén é importante que o persoal dos medios de transporte estea formado, que coñeza como poder asistir ás persoas con discapacidade, asegurando que teñan un trato digno e adaptado ás súas necesidades.

Como coñecedoras e coñecedores da nosa realidade galega, vivimos maiormente en municipios rurais e son estas zonas as que deberían de asegurar a accesibilidade do transporte. A falta de infraestruturas axeitadas aumentan máis o número de barreiras.

Dito isto, dende COGAMI e as nosas entidades membro pedimos que se nos garanta a accesibilidade universal nas infraestruturas e vehículos. Queremos que todas as estacións, terminais e vehículos de transporte cumpran coas normas de accesibilidade: dende ramplas, ata ascensores, plataformas elevadoras, aseos, espazos suficientes para varias persoas usuarias de cadeiras de rodas e que conten con puntos de recarga e subministro eléctrico para as persoas que requiren apoio respiratorio. A accesibilidade debe estar presente dende a compra do billete ata o uso dos servizos básicos.”

Concentracións en Galicia:

Santiago: Asociación AGAPA, ALCER Coruña e centro de COGAMI en Medelo – Avenida do Mestre Mateo (parada de autobús)

A Coruña: Asociación GRUMICO – Avenida do Ferrocarril, 2

Val do Dubra: Asociación AVANTE – Parada de autobús onde a sucursal de Abanca

Arzúa: Asociación AMARAI – Alcalde Juan Vidal s/n

As Pontes: Asociación A Xanela – Rúa 8 de Marzo s/n

Muros: Asociación ADISBISMUR – Av. Castelao, 73

Ribeira: Asociación AMBAR – Praza dos Mariñeiros, 9

Noia: Asociación MISELA – Lugar de Orro AC 550 km 70-71

Lugo: centro de COGAMI en Fingoi – Praza da Constitución s/n (diante da estación de autobuses)

Monforte de Lemos: Asociación AGORA – Rúa San Pedro, 3

Ourense: Asociacións AIXIÑA, AODEMPER, ALCER, AFFOU e ACCU – Praza Maior

O Barco: Asociación DISVALIA – Avenida Estación Ferrocarril

Pontevedra: Asociación AMIZADE – Praza de Ourense

Vigo: Federación COGAMI Pontevedra, Asociación Galega de Fibrose Quística, AVEMPO e AVIDEPO – Parada de autobús, rúa Teixugueiras, nº 14, Navia

Ponteareas: Asociación ADAPTA – Estación de autobuses, rúa Castañal

Reivindicación por un transporte inclusivo

A falta de accesibilidade nos medios de transporte públicos supón unha barreira diaria para moitas persoas con mobilidade reducida, limitando o seu acceso a servizos fundamentais como a educación, o emprego e a sanidade. Esta situación vulnera dereitos fundamentais. A través da “Teletransporte contra a discriminación” COGAMI busca concienciar á cidadanía e instar ás administracións públicas a que se cumpran as normativas de accesibilidade.

Acción a nivel estatal

Esta acción non se limita a Galicia, senón que forma parte dunha mobilización a nivel estatal promovida pola Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), entidade da que COGAMI forma parte. De xeito simultáneo, concentracións semellantes tiveron lugar en cidades como Guadalaxara, Albacete, Cáceres, Badaxoz, Ceuta, Logroño, Sevilla, A Liña da Concepción, Zaragoza, Murcia, Albacete, Huelva, Alacante, Santander e Madrid, uníndose á reivindicación dun transporte sen barreiras.

A campaña está financiada a través das subvencións para actividades de interese social do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. Dende COGAMI, confían en que esta acción axude a impulsar cambios efectivos que garantan o acceso universal ao transporte público para as persoas con discapacidade.

Relacionadas

O Partido Popular de Arzúa solicita á Delegación do Goberno o repintado da N-547,...

0
• A actuación do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible leva todo o verán e parte do outono pendente de rematar co repintado. • Os...

Un total de 35 veciños e veciñas de Frades participan nunha excursión de seis...

0
Un total de 35 veciños e veciñas de Frades, e outros 25 de Oroso, participaron do 13 ao 18 de outubro nunha excursión de...

As Bibliotecas municipais de Oleiros reciben o premio á innovación bibliotecaria de Galicia

0
A Xunta de Galicia concedeu o Premio á innovación bibliotecaria de Galicia 2024, na categoría de concellos de máis de 10.000 habitantes, ao Concello...

O Mercado Municipal pechará os días 28 e 29 para aplicar una nova capa...

0
O Mercado Municicipal pechará os días 28 e 29 de outubro por mor dunha nova man de pintado do chan cun árido máis groso...

A alcaldesa recibe a Elena Vázquez Lanzo, cuadrimedallista coruñesa en hípica

0
A xinete acadou catro podios na modalidade de salto, proclamándose campioa galega, subcampioa de España e bronce de Europa por equipos A alcaldesa, Inés Rey,...

Un obradoiro de montaxe pechará as actividades deste ano do IX Chanfaina lab

0
O director e realizador Juan Lesta encargarase de impartir as dúas sesións programadas para o 9 e o 16 de novembro Tralas gravacións da primeira...

Publicacións Relacionadas