HomeA CoruñaTrece familias beneficiáronse no que vai de ano das axudas municipais á...

Trece familias beneficiáronse no que vai de ano das axudas municipais á natalidade de Neda

- Anuncio -spot_img

O Concello de Neda outorgou no primeiro semestre deste ano un total de 13 axudas de natalidade, das que se poden beneficiar as familias da localidade que inscriban no padrón municipal aos seus fillos/as nacidos ou adoptados ao longo deste 2025. Esta subvención de pago único ten un importe de 300 euros (600 euros no caso de menores con algún tipo de discapacidade).
Cómpre lembrar que no exercicio anterior foron dezaseis as familias que, finalmente, accederon a esta liña de axudas coa que o Concello recibe aos novos bebés nedenses, colaborando cos proxenitores á hora de facer fronte aos numerosos gastos dos primeiros meses de vida, así como aos menores que veñen de ser adoptados ou acollidos.

Así, de manterse a tendencia do primeiro semestre, a cifra de subvencións concedidas, que iguala xa á do 2023, podería superar tamén ao do 2024. Sen dúbida, unha boa nova para a localidade que, segundo os avances das cifras oficiais do INE, experimentou ao longo do pasado ano un pequeno repunte da súa poboación.

Dende o Concello apuntan que teñen dereito ao denominado a este pago único os pais/nais, empadroados no municipio, que soliciten este apoio económico no prazo máximo de tres meses “dende que se produza o nacemento, ou que se notifique a resolución xudicial ou administrativa de acollemento ou adopción”.

Lembran tamén que é requisito indispensable para percibir o cheque que os proxenitores asinen un compromiso de manter o empadroamento en Neda durante un período mínimo de catro anos. Deste modo, faríase efectiva a finalidade da axuda, que non é outra que contribuír a fixar poboación máis nova.

Publicacións Relacionadas