Un ferido nun accidente de moto na AC 305, no concello da Pobra do Caramiñal

adminON
Lectura mínima de 1

Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados ás 01:39 do día 13 de setembro dun accidente cun ferido por mor dunha caída nun ciclomotor na estrada AC-305, á altura do punto quilométrico 33,5, no concello da Pobra do Caramiñal.

Ao chegar ao lugar os bombeiros observan que hai unha persoa ferida con abrasións na perna dereita e costado dereito. O persoal sanitario encárgase de inmobilizala para, así, poder proceder á correcta limpeza das feridas.

No operativo participou tamén o 061 de Ribeira.

Comparte este artigo