Free Porn
xbporn
Home A Coruña Un obradoiro de montaxe pechará as actividades deste ano do IX Chanfaina...

Un obradoiro de montaxe pechará as actividades deste ano do IX Chanfaina lab

- Anuncio -

O director e realizador Juan Lesta encargarase de impartir as dúas sesións programadas para o 9 e o 16 de novembro

Tralas gravacións da primeira fin de semana de setembro, a maioría das persoas participantes no Chanfaina lab 2024 encóntranse na cociña preparando as curtas que poderemos degustar aló polo mes de febreiro, momento no que todas e todos se volverán reunir para a maratón de estreas mundiais e, de paso, poñer en marcha unha nova edición, a décima, do encontro audiovisual. Porén, antes daquela aínda hai pendente unha actividade: o obradoiro de montaxe audiovisual que ofrecerá o realizador Juan Lesta os sábados 9 e 16 de novembro. Trátase dunha proposta gratuíta pensada principalmente para quen queira contar con consellos expertos á hora de darlle a forma final á súa curta, aínda que tamén está aberta a quen non participase no Chanfaina lab e queira iniciarse na técnica da narrativa con imaxes. Para apuntarse hai que enviar un correo a cemit.sansadurnino@xunta.gal ou chamar ao 616 016 793.

O título do obradoiro é “Despois da rodaxe, tesoira”, que resume perfectamente os contidos que se van abordar. E é que se ben o habitual nunha filmación é telo todo máis ou menos planificado para non gravar de máis nin de menos, senón o xusto e necesario por aquilo da eficiencia e a economía de medios, o certo é que moitas veces á sala de montaxe chegan moreas e moreas de metraxe -antes viñan en cintas de cine ou vídeo e hoxe en pesados arquivos- entre as que cómpre facer unha primeira desmesta para quedar co material útil co que logo se vai facendo un traballo máis afinado.

Diso, de “meter a tesoira sen compaixón” para quedar só co útil e importante para a narración, falará o experimentado director e realizador Juan Lesta. A idea é que as persoas asistentes leven as súas gravacións en bruto -ademais do seu portátil co programa de edición que usen habitualmente- para analizalas e montalas poñendo en práctica as técnicas e consellos de Lesta. Os resultados visionaranse e debateranse en conxunto, coa finalidade de propor cambios ou melloras en cada proxecto.

O taller de Juan Lesta desenvolverase na Aula CeMIT o sábado 9 e o sábado 16 de novembro entre as 10:00 e as 13:00h -seis horas en total- e para as inscricións hai que contactar coa responsable da aula, Carmen Suárez Nieto, no correo cemit.sansadurnino@xunta.gal ou no teléfono 616 016 793. As prazas son limitadas.

As estreas das curtas, en febreiro
As persoas participantes no Chanfaina lab que aproveiten o obradoiro para montar a súa peza terán que axustarse aos requisitos xerais do encontro audiovisual, que a organización lles lembrou hai uns días por correo aos distintos equipos que estiveron en San Sadurniño a primeiros de setembro.

Ás realizadoras e realizadores pídeselles, entre outras cousas, que as pezas, que han de ser obrigatoriamente en galego, teñan unha duración aproximada de cinco minutos. Tamén se marca o 14 de xaneiro como data límite para envialas, co obxectivo de que a organización teña marxe para velas, establecer a orde das proxeccións e organizar a estrea, prevista -como data provisional- para o sábado 15 de febreiro. Unha semana despois comezarán as estreas virtuais a través das redes sociais a razón de unha curta cada semana.

Relacionadas

O rueiro coruñés incorpora a figura de Ángel Gómez Hervada cunha rúa en Xuxán

0
Inés Rey: “Gómez Hervada evocábanos que sempre é posible o diálogo e a amabilidade” A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de descubrimento...

Mañá abre o prazo para anotarse nas actividades de envellecemento activo municipais

0
 As actividades distribúense polas parroquias e comezarán o día 4 de novembro. O Concello de Ponteceso pon en marcha unha nova edición das actividades...

Neda recibe a visita da Oficina Móbil de Atención ao Peregrino

0
O alcalde subliña a utilidade deste servizo da Garda Civil para optimizar a seguridade das persoas que fan o Camiño Inglés A contorna do albergue...

O delegado do Goberno avanza co alcalde de Boqueixón na glorieta na N-525 ao...

0
Prevese construír unha rotonda na intersección coa DP-1202 para moderar a velocidade do tráfico e permitir todos os movementos, en especial para o tráfico...

O concello renova os protectores das torres de iluminación do campo de fútbol a...

0
Invístense 57.000 procedentes integramente de fondos municipais. O Concello está a renovar os proxectores das torres de iluminación do campo de fútbol A Porta Santa...

O Partido Popular de Arzúa solicita á Delegación do Goberno o repintado da N-547,...

0
• A actuación do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible leva todo o verán e parte do outono pendente de rematar co repintado. • Os...

Publicacións Relacionadas