Free Porn
xbporn
Home A Coruña Unha visita guiada no 18 de xullo permite coñece-la escavación arqueolóxica da...

Unha visita guiada no 18 de xullo permite coñece-la escavación arqueolóxica da Corte do Santo

- Anuncio -

A Corte do Santo está sendo obxecto nestes días dunha prospección arqueolóxica para revelar os segredos desta zona da serra do Barbanza, a carón do río Pedras. Trátase dunha intervención promovida polo Concello da Pobra do Caramiñal en coordinación coa Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Esta escavación poderá coñecerse en formato de visita guiada no xoves 18, ás 18.00 horas, con punto de encontro establecido na ponte da Portela. Amosarase o avance dos traballos realizados ao longo desta semana.

A hipótese que se manexa sobre este lugar é a existencia dun posible eremitorio que podería datar entre finais da Alta Idade Media e a Plena Idade Media; idea da que parte o equipo arqueolóxico conformado polo Laboratorio de Arqueoloxía Medieval da USC.

“Se hai algo que diferencia A Pobra do Caramiñal é o patrimonio que temos. Xa adquirimos a casa da cadea para a súa rehabilitación e consecuente valorización, temos un espectacular núcleo histórico, edificios como a torre de Bermúdez, roteiros patrimoniais… E a escavación do xacemento da Corte do Santo é un paso máis no noso firme compromiso de coidar, investigar e divulga-lo noso patrimonio material e inmaterial”, declara o alcalde e titular da Concellaría do Patrimonio, José Carlos Vidal, porque “a serra ten aínda moito por contarnos sobre o noso pasado e ben sabemos que o río Pedras destaca pola gran riqueza natural e paisaxística, pero queremos afondar tamén na histórica.” O rexedor explica que estes labores permitirán esclarece-lo tipo de xacemento, conseguir datacións absolutas para definir a secuencia cronolóxica e comeza-lo proceso para definir unha estratexia cara a posta en valor da Corte do Santo. “Agardaremos expectantes a unha nova edición das xornadas de divulgación histórica e patrimonial A Pobra do Caramiñal no Tempo, que se celebrará a finais do mes de setembro, para coñece-los resultados”, engade.

A dirección desta campaña arqueolóxica corre a cargo do investigador Mario Ramos Soriano (USC), en colaboración coa empresa Tempos Arqueólogos e co financiamento tanto do Concello da Pobra do Caramiñal como do proxecto ECOLOC dirixido polo profesor da universidade compostelá, José Carlos Sánchez Pardo, con fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

Relacionadas

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

0
COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial...

Presentación das Festas de Santa Uxía 2024

0
Hoxe tivo lugar o acto de presentación das Festas da Patroa de Ribeira na que se personaron, o tenente de Alcalde, Vicente Mariño, o...

O Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora dos accesos a Loureda, nos...

0
O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de mellora dos accesos ao lugar de Loureda, nas que vai investir 68.906,12 euros. Uns...

O Servicio Municipal de Conciliación conta no verán con 124 usuarios

0
Durante o curso escolar volverá funcionar o servizo Madruga, ademais do de Canguraxe que se oferta durante todo o ano. O servizo municipal de conciliación...

A Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros na mellora da subministración de...

0
— As obras para incrementar a captación de auga do río Mandeo e optimizar a rede de abastecemento municipal benefician ás empresas da zona...

O PP de Culleredo solicita un pleno extraordinario para depurar responsabilidades pola irregular xestión...

0
∙ “É a nosa obrigación velar polo bo uso dos fondos públicos e polo cumprimento das leis, e está claro que este goberno cometeu...

Publicacións Relacionadas