40 Xornadas de Folclore

- Anuncio -spot_img

Danzas e ritmos tradicionais do mundo desembarcan este luns en Ourense para inaugurar a gran cita do folclore

O acto inaugural das Xornadas de Folclore, na súa edición número 40, terá lugar o luns, día 11 de agosto, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, ás 20,30 horas

Preto de 200 artistas pertencentes a seis agrupacións folclóricas de Arxentina, Chile, Filipinas, Irlanda do Norte, Ucraína e Xeorxia percorrerán a provincia durante dez días 

Esta tradicional cita coa música e a danza, organizada pola Deputación de Ourense a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, é unha das máis esperadas do verán cultural

Ourense, 9 de agosto de 2025.

Queda un día para a inauguración das Xornadas de Folclore, que este ano festexan o seu 40 aniversario. O pistoletazo de saída da xira que levará a seis agrupacións folclóricas de diferentes países polas vilas da provincia será o luns, día 11 de agosto. O Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá o tradicional acto do desfile de bandeiras ás 20,30 horas.

Allariz, A Rúa, Bande, O Barco, Carballiño, Castro Caldelas, Celanova, Entrimo, Maceda, Manzaneda, Ribadavia, Trives, Verín, Viana e Xinzo, ademais da capital gozarán do talento de 187 artistas nestas Xornadas que organiza a Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta e dos diferentes concellos que acollen este evento.

Agrupacións folclóricas de Arxentina, Chile, Filipinas, Irlanda do Norte, Ucraína e Xeorxia percorrerán os 16 concellos na nova edición dun evento consolidado no panorama cultural, como amosa o éxito de público que sempre consigue en todalas actuacións.

Cada noite haberá dous espectáculos en dúas vilas diferentes da provincia protagonizados en cada lugar por tres agrupacións, onde se crea un espectáculo de case dúas horas de duración para amosar a música, o baile e o vestiario tradicional de cada país particiopante. Ademais, trátase de espectáculos gratuítos para o público.

Publicacións Relacionadas