Home Pontevedra Caldas A compañía AsSicópatas leva “Abracadaver” este venres a Pontecesures no marco do...

A compañía AsSicópatas leva “Abracadaver” este venres a Pontecesures no marco do ciclo escénico da Deputación

- Anuncio -

A función, con entrada libre ata completar aforo, terá lugar ás 18:30 horas no Centro Social da vila

O número circense de AsSicópatas “Abracadaver” chega este venres, 15 de decembro a Pontecesures. A actuación dará comezo ás 18:30 horas no Centro Social da vila como parte do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. A entrada será libre ata completar o aforo.

“Abracadaver” é un espectáculo “terrorificamente divertido” para todos os públicos, unha terapia de choque coa que desfacerse dos medos e unha oportunidade para vivir a experiencia do teatro en familia. Rogelio, ao que dá vida o actor Dani Blanco, protagoniza esta proposta cargada de bo humor, clown, malabares, escapismo, rulo, acordeón ou, entre outras ferramentas, serruchos.

Co ciclo teatral “Tornar ás Táboas” a Deputación de Pontevedra está a achegar, dende outubro e ata finais de mes, un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Participan neste programa provincial trinta compañías de teatro galegas que están a ofrecer por toda a xeografía de Pontevedra unha ampla variedade de espectáculos.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas