test
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas...

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas rutas do mes de xullo do novo programa provincial “+Bosques”

- Anuncio -

Serán en total oito percorridos e terán lugar todos os sábados e domingos do mes. Comezarán o 6 de xullo coa ruta do Xabriña (Covelo) e rematarán o 28 no Pazo de Lourizán (Pontevedra)

Os percorridos do mes de xuño, que comezan o día 22 coa ruta do Xabriña (Covelo), esgotaron en 20 minutos as prazas ofertadas. A Illa de Tambo foi o itinerario máis solicitado, recibindo preto dun cento de solicitudes no primeiro minuto

A Deputación de Pontevedra abre este luns 17 de xuño, ás 9:00 horas, o prazo de inscrición para participar nas rutas do mes de xullo do novo programa provincial “+ Bosques”. Serán en total oito percorridos e terán lugar todos os sábados e domingos do mes, comezando o día 6 de xullo coa ruta do Xabriña (Covelo) e rematando o 28 no Pazo de Lourizán (Pontevedra). Os percorridos do mes de xuño, que comezan o día 22 coa ruta do Xabriña, esgotaron en 20 minutos as prazas ofertadas sendo o itinerario pola Illa de Tambo o máis solicitado, recibindo preto dun cento de solicitudes no primeiro minuto.

En total este novo programa provincial oferta ao longo do verán 40 itinerarios a través de sete espazos de costa e interior da provincia que permitirán coñecer a variedade de ecosistemas ricos en biodiversidade de Pontevedra. Deste xeito, en xullo o programa comeza cun percorrido polo Xabriña, o día 6, e continúa o 7 polo Río Almofrei, os días 13 e 27 por Cabo Udra, o 14 e 21 de xullo polo Carreirón e os días 20 e 28 polo Pazo de Lourizán. As persoas interesadas deberán cubrir este luns a partir das 9:00 horas da mañá un formulario en liña, con opción de anotarse a persoa que o cubre máis un máximo de tres acompañantes.

“+Bosques” continuará en agosto polo Xabriña (3 e 31), polo río Almofrei (4), polo Carreirón (10), por Cabo Udra (11), pola Illa de Tambo (17 e 24) e polo Lago Castiñeiras (18 e 24 de agosto), para as que abrirá a inscrición o 15 de xullo. Xa en setembro “+Bosques” continuará con “baños de bosque” polo río Almofrei (1), Lago Castiñeiras (7 e 29), Xabriña (8), Pazo de Lourizán (14 e 28), Illa de Tambo (15), Cabo Udra (21) e polo Carreirón (22), para os que abrirá a inscrición o 19 de agosto. E os derradeiros percorridos do programa serán en outubro con rutas polo Cabo Udra (5), polo río Almofrei (6), pola Illa de Tambo (12), polo Lago Castiñeiras (13 e 26), polo Pazo de Lourizán (19 e 27) e polo río Xabriña (20). Neste último caso a inscrición abrirá o 16 de setembro.

Todas as rutas pretenden proporcionar ás persoas participantes unha experiencia chea de estímulos para comprender o método de aplicación do “baño de bosque” e a conexión directa en e coa natureza. Deste xeito, promoverase a estimulación sensorial a través do olfacto, o tacto, a vista, o oído e o gusto, así como realizaranse exercicios físicos e psicolóxicos para comprender, entender e fortalecer os lazos co medio natural da provincia.

Xornada de degustación de cociña silvestre
O broche de ouro do programa “+Bosques” será a xornada de degustación de cociña silvestre, que se contempla para o mes de novembro, unha vez rematados os percorridos. Esta actividade, de tres horas de duración, está aberta a todas as persoas participantes nos preto de 40 “baños de bosque” que organiza a Deputación entre xuño e outubro e consistirá nunha recollida de froitos e vexetais silvestres comestibles dos bosques da provincia de Pontevedra, coa súa respectiva identificación e degustación.

Relacionadas

As últimas innovacións tecnolóxicas chegan á Aula CEMIT de Tomiño

0
A mocidade tomiñesa poderá desfrutar de cursos de balde sobre 3d, realidade virtual, drons ou robótica os meses de xullo e agosto Este verán volven...

Unha ruta ornitolóxica pola beira do Miño pecha as Rutas de Natureza do...

0
Máis de 600 persoas teñen participado nos distintos percorrido que contaron cunha gran acollida Este próximo domingo, 30 de xuño, rematan as Rutas de Natureza...

Luis López augura un verán cheo de experiencias 100 % Rías Baixas para os...

0
O presidente provincial visita o Centro de Vacacións de San Vicente onde este domingo chegaron as 140 nenas e nenos que participan na primeira...

O Rosal conecta á veciñanza co medio ambiente coa exposición fotográfica RURALtXA!

0
Esta mostra itinerante chegará ao Salón de Exposicións do Concello o vindeiro 26 de xuño Conectar á veciñanza co medio ambiente. Ese é un dos...

“VivaMos ca liberdade de sentir” é o lema do Orgullo en Mos, resultante do...

0
-          A gañadora, e autora da mesma, é Ana Isabel Monzón Otero, veciña da parroquia de Pereiras -          Xunto co concurso, a programación mosense do Orgullo inclúe...

O Porriñoo renovará o asfalto de varios viais do centro urbano e parroquias

0
O Concello licita traballos de reposición do firme por máis de 150.000 eurosExecutaranse asfaltados no centro urbano, Cans e Atios  O Porriño invertirá máis de...

Publicacións Relacionadas