HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación abre o prazo para que as empresas do sector turístico...

A Deputación abre o prazo para que as empresas do sector turístico da provincia participen nos workshops deste ano, que levarán a provincia ata Zaragoza e Barcelona

- Anuncio -spot_img

“Son xa citas consolidadas no calendario de promoción turística da Deputación de Pontevedra que combinan encontros individualizados entre profesionais para xerar oportunidades de negocio coa presentación do destino Rías Baixas”, recordou Luis López

A Deputación conseguiu impulsar 1.700 encontros de negocio nos workshops organizados o pasado ano en Málaga e Madrid

A Deputación de Pontevedra acaba de abrir o prazo para que as empresas do sector turístico da provincia poidan participar nos workshops previstos para este ano, que levarán a provincia ata Zaragoza e Barcelona os días 29 e 30 de outubro. “Son xa citas consolidadas no calendario de promoción turística da institución provincial que combinan encontros individualizados profesionais para xerar oportunidades de negocio coa presentación do destino Rías Baixas”, recordou Luis López.

Os workshops enmárcanse na estratexia de difusión do destino Rías Baixas e irán na liña da campaña de promoción turística deste 2025, Cando volves? As citas deste ano están previstas para os días 29 e 30 de outubro en Zaragoza e Barcelona e o prazo de inscrición para as empresas da provincia que desexen participar permanecerá aberto ata finais de xuño e poderá formalizarse en www.workshopriasbaixas.com.

No 2023 a Deputación organizou workshops en Alacante e Barcelona e no 2024 en Málaga e Madrid, onde captou a atención de máis de 250 empresas emisoras de ditas cidades. Soamente no 2024 a través desta actividade impulsáronse 1.700 encontros de negocio, “así que agardamos que, neste 2025, como mínimo poidamos manter esta cifra e avanzar, así, na promoción deste fermoso territorio no que temos a sorte de vivir”, subliñou o presidente.

Publicacións Relacionadas