Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación acolle en colaboración coa Cruz Vermella unha xornada centrada no...

A Deputación acolle en colaboración coa Cruz Vermella unha xornada centrada no benestar emocional

- Anuncio -

A xornada “O benestar emocional: un investimento de presente e futuro” enmárcase no proxecto financiado pola institución provincia “Conta con nós”

A Deputación de Pontevedra acolleu este mércores no Salón de Plenos do Pazo provincial unha xornada impulsada pola Cruz Vermella no marco da colaboración que estableceron este ano a institución provincial e a ONG a través do programa “Conta con nós”. A xornada, baixo o título de “O benestar emocional: un investimento de presente e futuro”, foi inaugurada pola deputada de Benestar Social, Sandra Bastos.

A deputada provincial Sandra Bastos alegrouse de que “por fin a saúde mental forme parte da axenda política”, lembrando que “os problemas de saúde mental serán para o ano 2030 a principal causa de discapacidade”. Sandra Bastos, que ofreceu datos sobre o seu impacto na poboación e especialmente nas mulleres, valorou que “as cifras son suficientemente relevantes para que a saúde mental teña un plan de acción definido, transversal, que poña o foco tanto na prevención como na atención, xa que para moitas persoas é un absoluto privilexio poder ser atendidas ou recibir un tratamento”. A deputada provincial tamén tivo palabras de agradecemento para o labor da Cruz Vermella: “Neste mes no que vimos o voso labor cuestionado a través dunha campaña, quero dicirvos que contades con nós, e nós contamos convosco: sodes imprescindibles e non podemos permitir que se vos poña en dúbida”.

A xornada estaba dirixida á comunidade educativa, ás asociacións e entidades do terceiro sector e tamén á poboación en xeral, co obxectivo de proporcionar información e sensibilización sobre saúde mental e benestar emocional, para que todas as persoas asistentes poidan pensar, coñecer e sentir a necesidade de traballo continuado e dunha intervención multidisciplinar neste eido. Ao longo da mañá participaron Nerea Castro, técnica de integración social da asociación AMAINA; Rafael Guerrero, psicólogo especialista en xestión emocional, trauma, apego e TDAH; Óscar Páramos, psicólogo e especialista en desenvolvemento infantil e educación emocional; e Antonio Rial, director da Unidade de investigación de Psicoloxía do consumidor da Universidade de Santiago.

A Deputación de Pontevedra colaborou no programa da Cruz Vermella “Conta con nós”, que busca sensibilizar a poboación sobre a importancia de obter e manter un adecuado benestar emocional como camiño ineludible para ter unha vida plena e satisfactoria, cunha achega de 20.000 euros. Entre as accións salientan obradoiros de educación emocional en centros de ensino, con familias e axentes educadores, accións de formación para o voluntariado do programa e outras de sensibilización para toda a poboación, ademais da propia xornada.

Relacionadas

A Deputación proxecta “A nave das Marías” este venres en Ribadumia no marco do...

0
O documental poderá verse no Auditorio municipal ás 21:00 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual, chegará tamén...

Baile dá Segunda Xuventude 2024

0
O concello de Baiona o vindeiro venres dia 6 de decembro, de 17:30 a 20:30, celebramos o primeiro "Baile dá Segunda Xuventude" no Multiusos...

0
TELMO MARTÍN É O ÚNICO CULPABLE  DA “ABERRACIÓN” DE TER QUE PAGAR  13 MILLÓNS DE EUROS POLA   EXPROPIACIÓN DA PARCELA DAS   CUNCHAS  • BNG lamenta o “paripé”...

A Deputación leva este venres a Moraña a proxección de “Fatum” no marco do...

0
A película poderá verse no Edificio Multiúsos de Moraña ás 19:30 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual,...

A feira Turexpo Galicia, presente como entidade colaboradora no Congreso Mundial de Turismo de...

0
• ADEMAIS DO APOIO CORPORATIVO, UN EQUIPO DO SALÓN TURÍSTICO DE GALICIA ESTÁ PRESENTE NESTA CITA, Á QUE ASISTEN MÁIS DE 250 PROFESIONAIS DO...

A Deputación leva este venres a Vila de Cruces o circuíto +Escénicas con “Cucú...

0
O espectáculo infantil poderá verse ás 12:00 horas no auditorio municipal Xosé Casal +Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros,...

Publicacións Relacionadas