O Concello de Ponteareas continúa a investir na mellora das infraestruturas do rural con fondos propios. Nestes días está a executar obras de acondicionamento na casa dos veciños de Paredes, concretamente nos baixos do palco das festas, uns traballos realizados polo persoal municipal.
A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, visitou as actuacións xunto co tenente de alcaldesa Juan Carlos Glez. Carrera e a concelleira Raquel Bautista, comprobando de primeira man o avance das melloras realizadas.
Entre as actuacións levadas a cabo destaca a instalación dunha nova cociña, unha dotación moi necesaria para o desenvolvemento das actividades sociais e culturais da parroquia e, en especial, para a celebración da Festa Gastronómica do Porco, que terá lugar esta fin de semana. Así mesmo, realizáronse traballos de pintado no palco das festas, mellorando o seu estado e imaxe.
Desde o goberno local ponse en valor a importancia das 23 parroquias do rural, que concentran arredor da metade da poboación do municipio, así como o papel fundamental que desempeñan as asociacións veciñais, casas e centros culturais como espazos de encontro, convivencia e dinamización social.
O Concello de Ponteareas reafirma así o seu compromiso firme cos colectivos que traballan no rural, colaborando activamente para facilitar o día a día da veciñanza e garantir servizos e instalacións dignas en todas as parroquias do municipio.



