HomeO CondadoAs NevesA Deputación adxudica o contrato para instalar un sistema de aerotermia para...

A Deputación adxudica o contrato para instalar un sistema de aerotermia para a Casa do Concello e o Centro Cultural das Neves, cun investimento de 130.000 euros

- Anuncio -spot_img

“Queremos reducir as emisións de CO2 mediante a implantación de medidas de eficiencia enerxética, así como favorecer o uso de fontes de enerxía renovables que contribúan ao desenvolvemento económico local”, asegurou o presidente Luis López

A Deputación de Pontevedra adxudicou hoxe o contrato para poñer en marcha unha instalación de aerotermia sostible en edificios municipais do Concello das Neves. Trátase dunha actuación que ten un orzamento de 130.000 euros, dos que 55.000 € se financian a través do programa DUS 5000 do Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDAE), mentres que a Deputación asume o resto, 75.000 €.

“Con iniciativas como as que imos impulsar no Concello das Neves queremos reducir as emisións de CO2 mediante a implantación de medidas de eficiencia enerxética, así como favorecer o uso de fontes de enerxía renovables que contribúan ao desenvolvemento económico local”, explicou o presidente provincial Luis López.

O obxectivo desta actuación é realizar as instalacións de aproveitamento da enerxía aerotérmica na Casa do Concello e no Centro Cultural das Neves, substituíndo as actuais instalacións de climatización, que contan con problemas de eficiencia. Deste xeito, situarase na rúa José Gil unha unidade exterior común a ambos edificios, cunha potencia frigorífica de 73 kW e calorífica de 81,5 kW.

Publicacións Relacionadas