HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación apraza por precaución ante a vaga de calor, a primeira...

A Deputación apraza por precaución ante a vaga de calor, a primeira xornada do “Circuito de Basquet 3×3 no Camiño”, prevista para o martes 12 de agosto en Viana

- Anuncio -spot_img

A iniciativa enmárcase no Programa de Fomento Deportivo da Deputación con cinco xornadas de competición en cada unha das cales participarán, noutras tantas sedes, os equipos inscritos de varias comarcas da provincia.

A Deputación de Ourense, como medida de precaución ante a onda de calor e altas temperaturas previstas en toda a provincia, apraza ata o vindeiro 24 de agosto a primeira xornada do torneo 3×3 de baloncesto que estaba prevista para mañá, 12 de agosto en Viana do Bolo para as comarcas de Trives, Viana e Verín. Nos vindeiros días anunciarase o novo prazo de inscrición que se realizará a través da web www.fegaba.com.

A Deputación de Ourense, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, promove un torneo 3×3 de baloncesto de carácter popular, para todas as idades, gratuíto e aberto a equipos de todas as comarcas.

Esta iniciativa enmárcase no programa de Fomento Deportivo 2025 da Deputación. De feito, as características desta modalidade, máis sinxela de practicar por número de participantes e con só un aro, encaixan totalmente na política deportiva da institución provincial, xa que facilita a práctica deportiva dun xeito lúdico; fomenta a actividade física en todas as idades e por todas as comarcas; incrementa a oferta deportiva e accesible no rural.

Para a celebración desta competición establecéronse cinco xornadas, en cada unha das cales participarán noutras tantas sedes, Xinzo de Limia, Carballiño, Allariz, Viana do Bolo e o Barco de Valdeorras, os equipos inscritos no devandito circuito.

Inscrición aberta

O torneo está aberto á inscrición de equipos compostos tanto por xogadores federados como non federados. Cada sede contará cun número limitado de prazas (8 por categoría) e a participación será independente en cada unha delas. 

Contará con tres categorías de xogo combinadas por franxas de idade: minibasket e preminibasket; infantil e cadete; e júnior e sénior. Os equipos poderán ser masculinos, femininos ou mixtos, e a competición poderá tamén desenvolverse en formato mixto. Cada equipo deberá estar composto por: un mínimo de 3 e un máximo de 4 xogadores e un responsable de equipo, que deberá ser maior de idade

O baloncesto 3×3 foi olímpico en 2020 e 2024, é o deporte de equipo urbano número uno no mundo e xógase nunha única canastra con tres xogadores en cancha por equipo.

Publicacións Relacionadas