HomePontevedraBaixo MiñoA Deputación aproba 1,2 M € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios...

A Deputación aproba 1,2 M € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais na contorna de Vigo e o sur da provincia

- Anuncio -spot_img

A institución provincial destinará 450.000 €  para sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e outros 740.000 € para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios en 21 concellos

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar achegas por valor de 1,2 millóns de euros do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais para 21 concellos de menos de 20.000 habitantes da contorna de Vigo e do sur da provincia. Trátase de 450.000 € para sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e outros 740.000 € para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios.

En concreto, dos 450.000 euros para sufragar o SAF, un servizo que atende a persoas maiores e con discapacidade, especialmente cando carecen de apoio persoal no seu medio inmediato, A Cañiza recibe 23.383 €, A Guarda 32.824 €, Arbo 2.930 €, As Neves 23.212 €, Baiona 24.572 €, Covelo 11.223 €, Crecente 22.383 €, Fornelos de Montes 12.875 €, Gondomar 29.840, Mondariz 25.988 €, Mondariz-Balneario 3.086 €, Mos 35.760 €, Nigrán 36.010 €, O Rosal 20.341 €, Oia 12.020 €, Pazos de Borbén 10.573 €, Salceda de Caselas 21.141 €, Salvaterra de Miño 20.096 €, Soutomaior 17.102 €, Tomiño 32.000 € e Tui 34.796 €.

Ademais, os 740.000 € para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios divídense en 41.757 € para A Cañiza, 41.757 € para A Guarda, 20.879 € para Arbo, 20.879 € para As Neves, 41.757 € para Baiona, 30.632 € para Covelo, 10.439 € para Crecente, 9.753 € para Fornelos de Montes, 41.757 € para Gondomar, 44.162 € para Mondariz, 20.879 € para Mondariz-Balneario, 66.413 € para Mos, 66.413 € para Nigrán, 20.879 € para O Rosal, 11.126 € para Oia, 20.879 € para Pazos de Borbén, 56.490 € para Salceda de Caselas, 44.162 € para Salvaterra de Miño, 20.879 € para Soutomaior, 41.757 € para Tomiño e 66.413 € para Tui.

No conxunto da provincia, a institución provincial aprobou un total de 3 millóns de euros para axudar ao concello a sufragar ambos servizos, unha cifra que se reparte entre 1,2 millóns para o servizo de Axuda no Fogar e outros 1,8 millóns para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios.

Publicacións Relacionadas