HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación aproba tres millóns de euros do Plan de Cofinanciamento dos...

A Deputación aproba tres millóns de euros do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais para 51 concellos da provincia

- Anuncio -spot_img

1,2 millóns de euros permitirán sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e outros 1,8 millóns cubrirán os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios nos concellos

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar achegas por valor de 3 millóns de euros do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais para os 51 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. “É o noso deber estar ao carón das persoas que máis o precisan. Porque queremos que esta provincia vaia a máis, e sabemos que só podemos conseguilo garantindo o benestar do conxunto da nosa sociedade, e por iso traballamos sen descanso para acadalo”, explicou o presidente provincial, Luis López.

Dos 3 millóns aprobados, 1,2 millóns de euros permitirán sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e outros 1,8 millóns cubrirán os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios nos concellos. E, en liñas xerais, os 51 concellos da provincia recibirán, en total, contías que oscilan entre os 23.000 e os 110.000 euros.

En concreto, Agolada recibe 61.729 €, Arbo 23.808 €, Baiona 66.329 €, Barro 39.124 €, Bueu 66.501 €, Caldas de Reis 65.501 €, Cambados 69.385 €, Campo Lameiro 23.560 €, A Cañiza 65.140 €, Catoira 28.694 €, Cerdedo-Cotobade 70.630 €, Covelo 41.854 €, Crecente 32.822 €, Cuntis 58.512 €, Dozón 52.563 €, Forcarei 46.563 €, Fornelos de Montes 22.627 €, Gondomar 71.597 €, O Grove 79.306 €, A Guarda 74.581 €, A Illa de Arousa 31.195 €, A Lama 37.577 €, Meaño 69.757 €, Meis 39.720 €, Moaña 103.000 €, Mondariz 70.150 €, Mondariz Balneario 23.964 €, Moraña 30.928 €, Mos 102.173 €, As Neves 44.090 €, Nigrán 102.423 €, O Rosal 41.219 €, Oia 23.145 €, Pazos de Borbén 31.451 €, Poio 109.513 €, Ponte Caldelas 67.119 €, Pontecesures 35.038 €, Portas 43.178 €, Ribadumia 36.654 €, Rodeiro 40.256 €, Salceda de Caselas 77.630 €, Salvaterra de Miño 64.258 €, Sanxenxo 101.683 €, Silleda 83.069 €, Soutomaior 37.980 €, Tomiño 73.757 €, Tui 101.209 €, Valga 57.346 €, Vila de Cruces 75.559 € e Vilanova de Arousa 104.248 €.

Publicacións Relacionadas