Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación bota o peche do xogo de escapismo do Castelo de...

A Deputación bota o peche do xogo de escapismo do Castelo de Soutomaior coas quendas da próxima semana

- Anuncio -

O xogo, para o que están á venda as entradas dos oito pases que se realizarán o sábado 11 e o domingo 12 de xaneiro, permitirá volver ao século XV co comezo do asalto ao Castelo e as revoltas irmandiñas

O xogo de escapismo posto en marcha pola Deputación de Pontevedra este Nadal no Castelo de Soutomaior botará o peche a próxima semana, coas últimas quendas previstas para o sábado 11 e o domingo 12 de xaneiro.

A actividade, pensada para toda a familia, lévanos de volta ao século XV, co comezo do asalto ao Castelo de Soutomaior e coas revoltas Irmandiñas a piques de entrar. Os participantes terán só 60 minutos para evitalo e, para facelo, terán que demostrar as súas habilidades de resolución de enigmas mentres exploran os recunchos máis segredos do castelo.

Haberá un total de oito pases, cada un dos dous días ás 11:00, ás 12:00, ás 17:00 e ás 18:00 horas, e as entradas pódense conseguir ao prezo de 8 euros no portal de venda de entradas do Castelo de Soutomaior. A idade mínima para participar son 8 anos. Ata os 14 anos, os participantes deberán ir acompañados dunha persoa adulta. A actividade realízase no interior do castelo e a entrada inclúe a visita ao mesmo.

Relacionadas

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

Baiona mantén a súa Cabalgata o domingo pola tarde

0
O domingo 5 de xaneiro está previsto que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visiten Baiona subidos nas súas maxestosas carrozas e...

A Deputación acada en 2024 o maior dato en dez anos de visitas ás...

0
Increméntase o número de visitantes individuais, grupos e participantes en actividades, aínda que o dato global baixa debido ao peche das ruínas de San...

O Porriño prepárase para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente no...

0
● 120 personas acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar a partir das 17:30 h no pavillón municipal ● Os Reis Magos chegarán no Tren do...

A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Vigo ata o próximo...

0
A mostra pode visitarse na sala Rosalía de Castro da sede viguesa da institución provincial e busca rememorar os recordos dos vellos cines e...

A Xunta licita por 3,3 M€ as obras de renovación do firme en 5...

0
Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren polos concellos de Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo,...

Publicacións Relacionadas