HomePontevedraO CondadoO concello de Ponteareas presenta no Centro Comercial Vialia de Vigo o...

O concello de Ponteareas presenta no Centro Comercial Vialia de Vigo o logo inclusivo do Corpus

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ponteareas participou onte no acto de presentación do logotipo inclusivo do Corpus Christi, unha iniciativa que quere reafirmar o compromiso do Concello e das e dos alfombristas en facer cada día máis accesible o percorrido e celebracións das súas festividades declaradas Ben de Interese Cultural (inmaterial) e Festa de Interés Turístico Internacional.

Da man da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas e en colaboración con ADAPTA, Avelaíña, ASTEAVI, fundación Autismo de Galicia e apoiado polos concellos de As Neves, Baiona, Nigrán, Oia, O Porriño, Salvaterra de Miño así como por concelleiros e concelleiras da Corporación de Ponteareas presentaron o logotipo no centro comercial Vialia de Vigo.

Representado nunha alfombra ao estilo Ponteareas, o logotipo lucíu no centro comercial Vialia facendo visible a colaboración e compromiso de Concellos e asociacións para un mundo máis inclusivo e accesible.

Juan Carlos González, tenente de alcaldesa, a concelleira de Benestar Social, Raquel Plana e a concelleira de Turismo, Raquel Bautista, agradecen a colaboración de todas e todos os alfombristas para desenvolver este traballo en equipo. “Estamos moi agradecidos ás asociacións e tamén aos alfombristas por estas iniciativas que nos fan avanzar. Queremos que todas e todos poidan participar e desfrutar porque todos debemos poder facelo”, explicaba González Carrera quen trasladou tamén o seu agradecemento a todos os Concellos presentes.

Publicacións Relacionadas