Home O Carballiño Bearíz A Deputación colaborará co Concello de Beariz no impulso ao polígono industrial...

A Deputación colaborará co Concello de Beariz no impulso ao polígono industrial e a promoción de actividades socioculturais

- Anuncio -

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo co alcalde de Beariz, Manuel Prado

Manuel Baltar comprometeu o apoio ás novas iniciativas de cooperación propostas polo rexedor arredor da dinamización do concello e na mellora dos servizos públicos para os veciños

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial co alcalde de Beariz, Manuel Prado, para abordar novas iniciativas de colaboración entre ambas administracións.

“Unha reunión satisfactoria, outro novo exemplo do que é a cooperación da Deputación e os concellos, que contan neste goberno ao seu mellor aliado, coa capacidade e o músculo suficiente para atender as súas propostas e seguir construíndo provincia”, valora o presidente do goberno provincial, que garantiu o respaldo a iniciativas de dinamización empresarial e cultural, ademais da mellora dos servizos públicos para os veciños.

En concreto, Manuel Baltar avanzou a colaboración no impulso ao polígono industrial, “un proxecto completamente estratéxico para o futuro de Beariz, que contará con renovada capacidade para atraer empresas e crear emprego de calidade”, segundo remarca o presidente da Deputación, que tamén comprometeu o respaldo a novas actividades socioculturais. Ademais, a administración provincial colaborará na elaboración do proxecto do novo cemiterio municipal.

“Estas iniciativas propostas polo rexedor son fundamentais para Beariz”, sinala Manuel Baltar antes de incidir no “traballo diario do goberno municipal liderado por Manuel Prado, sempre na procura de novos proxectos para o impulso do territorio e a blindaxe dos servizos públicos”.

Pola súa banda, o alcalde pondera a transcendencia do “continuo respaldo da Deputación e do seu presidente a iniciativas estratéxicas, e que sen o seu apoio sería imposible sacar adiante”.

Relacionadas

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Luis López avanza un apoio de 416.000 euros da Deputación ao Concello de Arbo...

0
O presidente provincial repasou co rexedor Horacio Gil os investimentos aprobados polo goberno provincial neste municipio, que supera o millón de euros grazas a...

A vicepresidenta Luisa Sánchez reivindica o papel clave da Deputación na construción de Europa...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, reivindicou o papel clave da Deputación na construción de Europa desde o municipalismo no acto de...

Luis López destaca o compromiso da Deputación co galego nun encontro co presidente da...

0
O presidente recordou o apoio provincial para fomentar publicacións en galego como mostra do compromiso para seguir tendendo pontes pola defensa da lingua O presidente...

Publicacións Relacionadas