test
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación dá comezo a catro novos obradoiros do programa “Provincia activa”,...

A Deputación dá comezo a catro novos obradoiros do programa “Provincia activa”, co que busca impulsar o envellecemento activo

- Anuncio -

Na vindeira semana iniciarán os talleres máis de 40 persoas maiores de catro asociacións de Cambados, Mos e Ponteareas

A Deputación de Pontevedra continúa desenvolvendo os obradoiros do programa “Provincia activa”, co que a institución impulsa o envellecemento activo das persoas maiores da provincia, fomenta a participación e crea espazos de encontro e intercambio de experiencias. Ata 41 persoas maiores de catro asociacións de Cambados, Mos e Ponteareas comezarán a desfrutar das actividades formativas do programa a partir desta semana.

Este luns 1 de xullo 25 persoas da Asociación Batuqueiro de Vilariño, de Cambados, e 15 da Asociación Pazo de Mos comezarán o curso de ximnasia de mantemento para persoas maiores. Ao día seguinte, martes 2, serán 24 as persoas da Escola de Danza e Música Tradicional Pedra da Garza, de Ponteareas, as que comecen ese mesmo curso, o de ximnasia de mantemento para persoas maiores, mentres que 17 serán as persoas da Asociación Cultural Centro Cultural de Cillarga, de Ponteareas, as que dean inicio ao seu curso de pilates.

En total, a Deputación ofertou neste 2024 14 obradoiros no catálogo de “Provincia Activa” divididos en seis bloques temáticos: “Benestar natural” (Plantas medicinais), “Saúde en movemento”  (Pilates, ioga e ximnasia de mantemento para persoas maiores), “Emociónate” (Conservando a memoria, Musicoterapia, Risoterapia e Terapia emocional: Positividade e canalización das emocións), “Outra vida” (Teatro e Restauración de mobles e tapicería), “Con ritmo!” (Bailes de salón e Pandeireta e canto popular) e “Reder@s” (Habilidades dixitais para uso cotián e Informática. Nivel Avanzado). “Provincia Activa” conta este ano cun orzamento de 146.000 euros e desfrutarán dos obradoiros entidades de 42 concellos da provincia.

Relacionadas

Luis López sinala o festival Vigo Seafest como unha mostra do “dinamismo” do sector...

0
O presidente provincial participa en Vigo na presentación da quinta edición dun festival que enxalza o produto e a cociña mariñeira entre o 11...

Tomiño réndese con grande éxito ao seu primeiro Festival de Maxia

0
Máis de 700 persoas desfrutaron do amplo programa de actividades deste evento que encheu de ilusionismo prazas, rúas e parroquias Ilusionismo sen trampa nen cartón...

O Rosal transforma o seu verán cunha morea de novidades e actividades para todos...

0
O Concello prepara unha axenda estival que contará con novos programas como os ‘Tardeos na Praza’ ou dará novos folgos ao Rosal Cámara Fest Trinta...

A deputada Isabel Couselo reúnese co alcalde de Arbo para avanzar na redacción do...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Arbo, Horacio Gil, para avanzar na redacción do proxecto de...

O concello de Bueu asegura provisionalmente o Paseo de Agrelo ante ‘a desidia e...

0
Félix Juncal, alcalde de Bueu, visitou esta mañá as obras que consisten na distribución da área, na retirada de dúas árbores e no traslado...

As praias de Marín estrean xullo co izado das Bandeiras Azuis e a chegada...

0
O contrato ten un importe de licitación de 725.437 euros e ten posibilidade dun ano de prórroga.  O prazo de presentación de ofertas estará aberto...

Publicacións Relacionadas