HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación de Ourense convoca axudas de 592 euros para emprendedoras menores...

A Deputación de Ourense convoca axudas de 592 euros para emprendedoras menores de 35 anos que creasen unha empresa nos últimos 3 anos

- Anuncio -spot_img

A Deputación de Ourense quere resaltar con estas axudas (que equivalen ao 50% do SMI) ao emprendemento feminino provincial a contribución que fan á economía e ao progreso social da provincia as mulleres emprendedoras, especialmente as que dinamizan o medio rural

No marco deste obxectivo desde a área de Benestar ábrese mañá mércores 6 de agosto o prazo de solicitudes deste novo novo programa provincial de axudas para contribuír á visibilidade do emprendemento en igualdade

En outubro, desenvolveranse varias actividades para poñer en valor o emprendemento feminino; entre as accións previstas organizarase un foro de emprendedoras para dar visibilidade a actividades empresariais que teñen un especial impacto na provincia desde un punto de vista social

A Deputación de Ourense lanza o novo programa de apoio ao emprendemento feminino cuxo obxectivo é axudar ás mozas emprendedoras a dar maior visibilidade aos seus proxectos e actividades empresariais, especialmente a través do asociacionismo e a creación de redes de emprendedoras.

A administración provincial quere contribuír así a que as novas empresarias busquen fórmulas colaborativas para mellorar a súa formación e o posicionamento das súas empresas e das súas colaboracións no ámbito dixital.

Axuda todos os anos ás emprendedoras, en outubro, o 50% do SMI

A axuda que poden solicitar as emprendedoras consiste en que no mes de outubro se lles aboará o 50% do SMI (salario mínimo interprofesional), 592 euros.

O resultado deste plan de axudas avaliarase unha vez finalizada a súa execución, xa que a intención da administración provincial é o seu mantemento con carácter plurianual, de maneira que se converta non nunha axuda puntual, senón que as emprendedoras que este ano se beneficien do plan poidan facelo tamén os meses de outubro das próximas anualidades, de maneira que cada exercicio se vaia engadindo un ano á idade máxima de solicitude e se cree unha rede provincial de emprendedoras que todas os meses de outubro desenvolvan accións que consoliden a rede.

Prazo de solicitudes aberto ata o 15 de outubro

O Programa abre o prazo de solicitudes mañá, mércores día 6 de agosto, e o período de solicitudes estará aberto ata que se esgote o crédito orzamentario co límite temporal do 15 de outubro.

Requisitos de acceso á axuda

Poderán solicitar a axuda aquelas mulleres, empadroadas nalgún municipio da  provincia, maiores de 16 anos e menores de 35 anos, con nacionalidade española, cidadás da UE ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou de Suíza, ou ben que sexan estranxeiras titulares dunha autorización para residir en territorio español que lle habilite para traballar pola súa conta.

Terán que iniciar a actividade empresarial ou profesional por conta  propia con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2023 e que conten cunha antigüidade mínima de 6 meses na mesma á data da solicitude desde a súa alta nalgún réxime da Seguridade Social por conta propia ou nunha mutualidade profesional, e que establecesen o seu centro de traballo nalgún municipio da provincia de Ourense.

Entenderanse incluídas como emprendedoras beneficiarias as que, cumprindo os requisitos anteriores, exerzan a súa actividade por conta propia a través dunha sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra entidade mercantil, incluída as cooperativas ou entidades de economía social. En todo caso, terán que solicitar o acceso á axuda a título individual.

Toda a información na web  www.emprendedoraou.com

A área de Benestar habilitou unha web propia para o programa na dirección www.emprendedoraou.com; nesta plataforma está toda a información sobre o programa, incluídas as bases reguladoras do mesmo.

Desde este portal poderase acceder a unha funcionalidade para cubrir a solicitude para a súa posterior presentación a través de rexistro electrónico.

Ademais habilitouse un teléfono de atención a emprendedoras que queiran solicitar a axuda, o 988317863

Publicacións Relacionadas