A Deputación de Pontevedra acorda co Concello de Cambados actuar para mellorar a seguridade viaria na estrada provincial EP-9004 Corbillón-Tragove

adminON
Lectura mínima de 2

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reuniuse co concelleiro de Obras, José Ramón Abal, para avanzar na mellora da seguridade na rotonda do núcleo rural de Tragove

A Deputación de Pontevedra acaba de acordar co Concello de Cambados realizar unha actuación de mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-9004 Corbillón-Tragove. A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reuniuse co concelleiro de Obras, José Ramón Abal, para avanzar nesta actuación que afectará á rotonda situada no punto quilométrico 0+650, no núcleo rural de Tragove.

Tal e como remarcou Isabel Couselo, a rotunda de Tragove trátase dunha intersección transitada por un volume importante de tráfico rodado. Por estes motivos, na xuntanza comprometeuse a mellorar a súa pavimentación, así como a crear pasos de peóns elevados e outros elementos de balizamento para garantir a seguridade viaria nesa contorna.

Pola súa banda, o Concello de Cambados pediu autorización á Deputación para realizar unha actuación nun camiño municipal que entronca coa rotonda de Tragove. Neste eido, a deputada provincial trasladou ao concelleiro de Obras como abordar eses traballos de pavimentación que vai realizar o Concello nesa vía municipal que enlaza coa rotonda, de tal xeito que se garanta a seguridade viaria.

Comparte este artigo