Recibirán achegas de entre 5.000 e 20.0000 euros para a realización de festivais de teatro, música de diferentes estilos, monicreques ou poesía, entre outros
14 entidades sen animo de lucro de nove concellos da provincia (A Estrada, Cangas, Mos, Ponteareas, Redondela, Salvaterra de Miño, Tui, Vigo e Vila de Cruces) poderán organizar este ano festivais musicais e de artes escénicas grazas a un total de 165.000 euros en achegas que a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar. En concreto, recibirán axudas de entre 5.000 e 20.0000 euros para realizar festivais de teatro, música de diferentes estilos (metal, tradicional, rock, clásica, etc.), monicreques ou poesía, entre outros. “Continuamos desta maneira achegando a cultura a todos os recunchos da provincia que, como xa sabedes, é unha das nosas prioridades”, explicou o vicepresidente provincial, Rafa Domínguez.
Máis polo miúdo, o festival As Nosas Músicas 2024, na Estrada, recibirá 4.854 €; o XXXI Revoltallo de Música e Cultura Emerxente, en Vigo, recibirá 6.149 €; o Festival O Son do Pazo 2024, en Mos, 7.201 €; o 36ª Festival de Poesía no Condado, en Salvaterra de Miño, 9.224 €; o Festival Rock in Río Tea 2024, en Ponteareas, 10.438 €; o XIII Kanekas Metal Fest 2024, en Cangas, 10.842 €; o Festival Sementeira e Música, en Salvaterra de Miño, 11.500 €; The Wild Fest 2024 Edición, en Vigo, 12.299 €; o XVII Festival Alternativo Millo Verde, en Redondela, 12.299 €; o FIP Merzapercusión 2024, en Vila de Cruces; 12.544 €; o Festival Vertixe 12, en Vigo, 13.917 €; o 12º IKFEM Festival Tui-Valença, en Tui, 15.859 €; a 41 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, en Cangas, 18.772 €, e o XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela, Memorial Juanjo Amoedo 2024, en Redondela, recibirá 19.096 €.
A Deputación destina 165.000 euros a que 14 entidades de 9 concellos da provincia poidan organizar festivais musicais e de artes escénicas